BOAS FESTAS E BENVIDO 2021


Penso que me liei un pouco...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adopta un libro

Ola a tod@s!!
   Coma sempre, queremos darlles unha segunda oportunidade a eses libros que van quedando sen función na nosa biblio.
   Pero desta vez non será posible que adopte todo o alumnado. Así que, o Rato e máis eu seleccionamos algúns libros para que participen as voluntarias e voluntarios de 5º e 6º.
 
    Grazas por esa nova vida que ides regalar a tan fermosos textos.


   (Estou sen máscara porque toda a fin de semana non houbo ninguén comigo. O Rato marchou polo bosque adiante e aínda non deu sinais de vida. Debeu comezar as vacacións pola súa conta...)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Recomendacións de lectura

Ola a tod@s!!
   Chegan días de tempo libre, de vacacións, de poder dedicarnos a aquelo que máis nos gusta, que nos apasiona... 
Se nos sabedes que escoller, aquí vos deixo algunhas opcións.
(Picando nas imaxes tedes o pdf para poder imprimir)
 
 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

E a gañadora é...

Ola a tod@s!!

   Parabéns para Emma! Non está, pero sempre será alumna de Os Casais. Todas e todos @s que por aquí pasan quedan no corazón de Mica para sempre. Sabiadelo, non si?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xa temos logo!

Ola a tod@s!!

   Hoxe realizamos a votación telemática para rematar o Concurso de Logos para Radio Mica, que quedara na súa última fase aló polo mes de marzo. Por que sería?
Xa temos logo!!!
O próximo día contareivos quen o autor ou autora, que eses datos tenos o Rato e agora mesmo non sei por onde anda...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas que rulan

Ola a tod@s!!
   No mes de setembro case todo parecía imposible. Pero non é así. Hai que facer moitos cambios, adaptarse e asumir novas maneiras; pero, con ganas e ilusión, todo se consigue.
   As mochilas viaxeiras están todas en circulación.
   Así de contento posa Daniel coa máis especial: aquela dedicada á nosa querida e admirada madriña.

 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Aquí están

Ola a tod@s!!

   Non vale so con decilo, verdade? O Rato decíamo todo o tempo: "eu quero velos, Mica".
 Pois aquí tedes a dous. Contra vento e marea; adaptándose ás normas novas; pero dispostos a axudar.
                            Coma sempre.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DÍA DO VOLUNTARIADO

    
 
   Neste día do voluntariado quero dar as grazas a todas as nenas e nenos de Os Casais por tantas accións solidarias nas que colaboran.
   Especialmente dou as grazas a todas as persoas que pasaron polo Voluntariado de Biblioteca; ás de antes e ás de agora.
                      Moitas grazas! Vós "sodes quen".

                                       EDUCANDO PARA TRANSFORMAR

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


3 de Decembro

Ola a tod@s!!
Aquí deixo unha mostra do día de hoxe: Concienciando cara á inclusión. Non é mais que unha pequena mostra, porque foi moito o traballo que fixeron. 
O meu corazón de gata solidaria latexa forte con tantas alegrías e satisfaccións como me dan os nosos nenos e nenas cada día.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Psaportes Solidarios

Ola a tod@s!!
   A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado enviounos, un ano máis, tal como solicitamos, os Pasaportes Solidarios do Voluntariado Galego.
                    Tédelos aquí, 
preparados e listos para empezar a anotar as nosas accións voluntarias e solidarias.
                             Porque nós... somos quen.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

@s influencers do lixo



Coma sempre, preocupad@s pola conservación do medio e a saúde do planeta, que é a saúde de tod@s.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana Europea de Prevención de Residuos

Ola a tod@s!!
Como Cole Verde que somos, esta semana sumámonos á campaña de ADEGA para facernos "influencers" do lixo: 3R = reducir, reciclar, reutilizar.
A xestión sostible dos recursos e a redución do lixo é imprescindible para a conservación dun medio ambiente saudable.
Temos que concienciarnos. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Educación Infantil

Ola a tod@s!!

  Encántanos ver a ilusión coa que empezan a disfrutar dos libros e a lectura @s pequerrech@s!



                         Ronroneos e miañadiñas
                     Mica Bigotes
 e o Rato Gordecho
                      

Encontro das Bibliotecas Escolares de Galicia

Ola a tod@s!!
   Os pasados días, 19, 20 e 21, celebrouse o Encontro das BE;
desta vez, en rede. Coma sempre resultaron ser unhas xornadas moi enriquecedoras e unha dose de novos folgos para as nosas bibliotecas; moito de agradecer sempre, pero máis, se cadra, nestes difíciles tempos nos que hai que reinventarse.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20-N

Ola a tod@s!!
Un día coma hoxe, outro ano calquera, faríamos un gran acto xeral tod@s xuntos. Neste 2020, iso non é posible; pero tal cousa non implica que non levemos traballando esta semana sobre os Dereitos da Infancia en cada unha das aulas, coma sempre; pero tampouco que quedemos sin un xesto reivindicativo común a todo o alumnado. Aquí o tedes.

                 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xa queda menos

Ola a tod@s!!
Hoxe (por fin!) saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras. 

Sairán todas esta semana.
Xa vai quedando menos para poder abrir a biblioteca. Seguro que o estades desexando. Eu teño moitísimas (moitííísimas) ganas de que andedes por aquí. 
Mirade que van alá oito meses dende a última vez que me viñestes visitar... e o Rato non para: Cando veñen? Cando veñen? Mica, cando veñen? Que cansino...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que está a pasar?

Ola a tod@s!!
Aí vai outro video! Que estará a pasar?
 As nenas e nenos de 6º desenmascaran o misterio na trepidante historia da súa curta Among scary.

  
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Habelas, hainas!


As nenas e nenos de 5º fixeron o conxuro deste ano. 
Compartírono en video coas outras clases.
A que está xenial?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día de medo nos cole Os Casais

Ola a tod@s!!


Aquí vos deixo o video que fixeron na clase de 3º e 4º co conto que inventaron. Está xenial!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua 2020

Ola a tod@s!!
   Cada día síntome máis orgullosa das nosas nenas e nenos. Pensaba que nas miñas sete vidas xa tiña moito mundo andado e pouco xa co que sorprenderme, pero non. Aprendo deles cada día. A súa capacidade de adaptación é infinita e á gañas de desfrutar e pasalo ben non @s supera ninguén.

O Correlingua houbo de suspender en maio as celebracións públicas e as celebracións finais do curso pasado. Fixémolo agora nos propios centros, sen as actuacións musicais presentes, coas distancias de seguridade, coas máscaras... e non por iso deixaron de ser o que sempre son: unha festa e unha reivindicación lúdica da lingua.
Canto temos que aprender d@s pequen@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura tenebrosa

Ola a tod@s!!

   A pesar dos pesares, sen intercambio entre aulas, sen lectura de grandes a pequenos e de pequenos a grandes na biblioteca, sen a emoción de ser os auténticos protagonistas... non quedamos sen un dos nosos clásicos: a lectura tenebrosa.
   Hai que adaptarse aos tempos e botei man do que poiden: os profes. A fin de contas sempre din aquelo de Nós tamén contamos.
    E as nenas e os nenos desfrutaron desas lecturas do alén que tanto lles gustan, como corresponde a un bo samaín.  
  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que medo!!!

Ola a tod@s!!
   Grazas á colaboración das familias este raro Samaín foi, coma sempre, un Samaín de medo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado de Lectura-A

Ola a tod@s!!
                                   Chegaron os diplomas do Voluntariado de Lectura-A do curso 2019-20. 
   Unha parte dos nosos voluntarios e voluntarias están xa no IES. Mándolles unhas miañadiñas virtuais (e o diploma tamén, claro).
 Ao resto, espero volver telos de axudantes este ano.
 Ou non queredes?     A que estades desexando poder empezar...                                   
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Atopeino!

Ola a tod@s!!
   Estou moi contenta!
Por fin dei atopado o agasallo que para min deixaron os nenos e as nenas de 3º e 4º: un conto de medo escrito, ilustrado e máis editado por eles!
    Grazas, grazas!
Este Samaín está resultando raro, claro que si; pero, todos xuntos conseguiremos que sexa 
   MAGNÍFICO!
                        (e terrorífico...) 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Un raro Samaín

Ola a tod@s!!
   Como nos últimos tempos todo e "raro" ou, cando menos, diferente a como estamos afeitos, tamén o Samaín terá que mudar. Eu, que son unha gata á que lle encanta o misterio, extrañarei moitísimo os obradoiros, a aula do medo, as grandes exposicións dos vosos traballos, as actuacións coas que nos agasallaba a nosa querida ANPA... Que hei de contar que non saibades...
   Pero, sen Samaín non quedamos; por suposto que non!
   Para empezar, aquí vos deixo unha foto dos profes.
   Non me negaredes que con profes así, é imposible non ter algunha sorpresa agochada por aí. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Parabens!

Ola a tod@s!!
 As nosas poetas Olga Novo e Alba Cid, veñen de ser recoñecidas con sendos premios nacionais de poesía.
As nosas letras están de noraboa.
Parabéns!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sería o rato?

Ola a tod@s!!
   Rato Gordecho anda sempre facendo trasnadas. Sabémolo. Pero... sería el quen fixo isto?
   Un burato na parede!!!
   Non creo que chegara a tanto.
   Ten que ser outra cousa.
   Estarei atenta; a ver que vai pasando.

             Xa vos contarei.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Éche un misterio...

Ola a tod@s!!
Que estará pasando na biblio, que ata Mica non sabe ben o que pode suceder...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Onte deitámonos coa mala nova do pasamento do gran Quino. 
    A súa Mafalda quedará con nós para sempre. 
 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Parece que imos ter retraso coa apertura da biblio... Non é que eu estea durmindo. É que imos ter novidades!!!
   Xa veredes con que sorpresas nos atopamos! Paciencia...
   Mestres, deixovos este enlace, para que vaiades xogando, tanto nas aulas como na casa.
   Desfrutade!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Estou moi contenta! Polo de agora, ninguén pasou pola biblio, porque ainda ando cos preparativos para que estea perfecta para este curso tan especial. Pero os meus nenos e as miñas nenas, coma sempre, non me dan máis que alegrías.
   Mirade que fermosísimo mural pintaron co gran Leandro Lamas!


Que gañas teño de vel@s a tod@s!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

30 de xuño

Último día para este curso. Despídome de tod@s. En especial, deste grupiño que fai tanto tempo que non vexo.


Na miña memoria quedarán para sempre así: traballando (aínda que pareza que xogan), contentos e... xuntos.


Sentidiño e bo verán!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Eu leo porque...

Ola a tod@s!!
Eu son un gata feliz. Sabédelo. 
Como non estar contenta con agasallos coma este!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Medio Ambiente

Ola a tod@s!!
Comezamos este curso mirando cara os aspectos medioambientais, o coidado do planeta e a nosa responsabilidade á hora de coidalo. Fixemos deste tema o eixo central de múltiples e variadas actividades. 
O noso primeiro reto foi a eliminación das botellas de plástico das merendas. Así empezamos.
Queremos acabar con este canto á terra, á nosa. Querémola.
Mimémola!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

29 de maio

Ola a tod@s!! Teño un aviso. 

  
    Vedes que fago?
    Escribo. Si, a máquina, que estou nostálxica e non quero perder vellas habilidades.
   Escribo cartas. Para quen?
   Atent@s!
   Chegarán o luns.
   Algúns nenos e nenas van recibilas e outr@s non.
   Quen sera...?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

28 de maio

Ola a tod@s!!
   Despois de tanto video... o rato e máis eu pensamos que xa vai sendo hora de volver ao papel. Ou non?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

27 de maio

Esta galeguiña tan feitiña veu de Murcia. Dende que está con nós fíxose querer coma se levara aquí toda a vida.
Con ela pechamos o círculo desta celebración das Letras Galegas tan atípica, tan rara e diferente do que é habitual en nós; no fondo, tan especial.
Grazas, Ángela, por acordarte dos duros momentos que estamos a vivir e das persoas que puxeron o seu traballo ao servizo de toda a comunidade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

26 de maio


   Se celebramos as Letras cada 17 de maio é porque Cantares gallegos é a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea.
   Nesta edición tan especial non podía faltar o recitado dun dos seus poemas máis populares.
    Dende Rosalía ata Carballo Calero, 
feliz día das Letras!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

25 de maio


Para esta primavera que vivimos coma se fora, nin sequera outono, senón o máis cru inverno, estes versos tan nostálxicos...
En galego.
Continuamos celebrando o Día das Letras Galegas. Igual que todas as cousas importantes, merecen ser celebradas todos os días do ano. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de maio

   


   Hoxe temos unha nova entrega das vosas colaboracións para a celebración do Día das Letras Galegas. O rato e máis eu estamos moi contentos pola vosa altísima participación, con traballos tan chulos, variados e interesantes.
   Grazas, nenas e nenos de Os Casais.

   Seguiremos!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de maio

   Unha nova entrega das Letras Galegas! Este curso quedamos sen festa no bosque, pero celebrar, celebrámolas, vai que si!

 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

20 de maio

Lecturas compartidas! Canto nos gustan! Pois, dende a distancia, tamén. Por que non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

19 de maio

... o neno salvou as letras,
con elas creou un conto.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

18 de maio

      Ola a tod@s!!
Aquí temos ao noso Ricardo Carballo Calero particular.

(Grazas, Antón)

Seguro que ao de verdad, se vivira, gustaríalle moito o video que preparei para hoxe.

É marabillo e esperanzador ver como aprenden a ler en galego @s pequerrech@s.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día das Letras Galegas



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

15 de maio

Quen é quen? Picade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

14 de maio


    Picade. Imos xogar coas obras de Carballo Calero. Queredes?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

13 de maio


      Picade. Hoxe atoparedes as actividades do
 Seminario Galán.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

12 de maio


Picade.
A Real Academia Galega ofrécenos a Primavera das letras para aprender e xogar con Ricardo Carballo Calero.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

11 de maio


Ola a tod@s!!
Queredes ler As pitas baixo a choiva?
Podedes facelo!
Grazas á editorial Embora e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística é posible acceder ao texto desta obra de Carballo Calero en versión dixital.
                                       http://aspitas.gal/
                                                                  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

8 de maio

Ola a tod@s!!
Teremos que esperar a outubro para celebrar a nosa gran festa... pero ben podemos ir tendo presente a Carballo Calero, o autor ao que están dedicadas as Letras este ano, non?
Picade na imaxe.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

7 de maio



Ola a tod@s!!
   Que sí, xa sei que hoxe ainda é 7, e non 17... pero haberá que ir quentando motores, non?
   Así que, pensei que podedes ir facendo algúnha actividade entretida, non?
    Picade na imaxe, a ver que sae. E ídelle dando!!!
    
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

6 de maio

Ola a tod@s!!
Xa chegou O Papagaio!
 A que tedes moitas ganas de lelo!
Non vaides pensar que, por estar na casa, non ides ter a oportunidade de lelo.  
Coma sempre, trae contidos ben interesantes.
Poderedes atopalo na aula virtual.
Desfrutade!
E coidádevos moito!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

5 de maio

Ola a tod@s!!
   Estamos xa no mes de maio, o mes das Letras. Este ano, a nosa celebración no bosque non vai poder ser, sabédelo. De feito, a Real Academia Galega adiou o día ata o 31 de outubro.
   Ainda así, penso que é ben ir achegándonos a figura de Carballo Calero. Por iso, aquí vos deixo o video que as nenas e nenos de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense realizaron, coa colaboración do Seminario Galán, e quixeron compartir con todos os centros nestas circuntanscias que nos tocan vivir e que nos afastan máis que nunca do noso alumnado. 
Moitas miañadiñas para el@s pola súa solidariedade!
Parabens polo traballo realizado!
Para vós, biquiños gatunos virtuais!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes