Amosando publicacións coa etiqueta ficción dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ficción dixital. Amosar todas as publicacións

Ficción Dixital

Ola a tod@s!!
   Este curso, os obradoiros de Ficción Dixital remataron cunha actividade que á rapazada de 5º e 6º gustoulles moito, moitísimo: un encontro co alumnado do CEIP de Pazos, co que o noso centro comparte proxecto baixo a mentorización de Lucas Ramada. Encantoulles! Compartir experiencias é marabilloso! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Hidden Folks

Ola a tod@s!!
   O xogo dos obradoiros de ficción dixital deste trimestre é Hidden Folks:
 diferente, novedoso, entretido, interesante... 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lucas Ramada nos Casais

Ola a tod@s!!
   Hoxe a nosa biblio tivo o privilexio de recibir a Lucas Ramada, o máis grande experto en ficción dixital. Compartiu tempo e coñecementos cos nenos e nenas, coas familias e co profesorado. Somos todos principiantes (agás el, claro) e estamos iniciándonos nun medio no que é moito o que nos queda por aprender; facelo da man de quen máis sabe, danos a seguridade de que os pasos que imos dando poderán ser pequenos, pero serán correctos.
Grazas, Lucas, pola túa presenza, pola dispoñibilidade, cercanía e simpatía.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción dixital

Ola a tod@s!!
   Continuamos cos obradoiros de ficción dixital. Non só xogan, divírtense e aprenden a gozar de videoxogos de calidade, senón que destes obradoiros surden novas actividades. Por exemplo, na clase de 4º de Primaria, optaron pola escritura creativa e inventaron historias que quixeron compartir coas outras clases.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Metamorfhabet

Ola a tod@s!!
   Alguén pensou que os obradoiros de ficción dixital non eran tamén para Educación Infantil? Claro que son! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción dixital

Ola a tod@s!!
   Estes pequerrechos (que non me escoiten, que xa están en Primaria...) estaban desexando ter o seu obradoiro de ficción dixital co profe Jesús e, por fin!, chegoulles o día. Que ben o pasaron! Quedaron con ganas de probar de novo cando volvan á biblio. Grazas, profe Jesús! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción dixital

Ola a tod@s!!
   Continuamos cos obradoiros de Ficción Dixital, que imparte o profe Jesús. Esta semana tocoulle a 3º de Primaria. Descubriron xogos novos, diferentes, en nada parecidos aos que tanto éxito teñen por aí. 
Xogos aos que paga a pena xogar. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes