Bosque, querido bosque

Ola a tod@s!!
Soubemos sempre que o noso cole é excepcional, que ten un espazo exterior magnífico e un bosque marabilloso no que medrar sans. Nunca deixamos de intentar poñelo en valor e, dende hai moitos anos, gozamos e aprendemos moito nel.
Pero nunca tanto como neste curso tan especial, no que tan necesarias eran para tod@s o contacto coa natureza, o moverse libres, o aire puro... tiramos del para vivir o día a día.
Que gran privilexio é contar co noso bosque!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario