ALMIEIRAS

Ola a tod@s!!
   Sabedes que os nenos e  as nenas de Os Casais están preocupad@s polo medio ambiente e tamén que o voluntariado é o del@s. No noso cole somos quen  de realizar accións que contribúan a coidalo. Ainda que parezan cousas pequenas xa sabedes a máxima "moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas" pode cambiar o mundo. Así que, alá foron @s de 5º, andando ata a praia de Almieiras a darlle un bo repaso.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario