Non podo deixar de comentar a grata sorpresa que levei o outro día no recreo. Gústame moitísimo observar como xogan. Ando por todas partes, ainda que raramente me ven; algunha vez @s máis pequen@s, @s grandes, nunca. Eu si que @s vexo. E observo. Esta semana pasada sorprendéronme moitísimo. Pero que farán?, dicíame a min mesma. Ata que descubrín que montaron unha auténtica froitería. O produto fresco, fresco e de primeira calidade.
Deixovos unhas fotos, seguro que vos gustan tanto como a min.
A infancia é xogar. Se alguén pensaba outra cousa, aquí tedes a proba de que se equivoca.
Sonche un amor. Ou non?
Ningún comentario:
Publicar un comentario