Os pasados días 4 e 5 a Subdirección Xeral de Cooperación Territorial e Innovación Educativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional celebrou o Seminario Web "A Dimensión Ecosocial para unha Educación Transformadora".
Aí estivo o noso centro, e a nosa biblioteca, da man de Lorena e MªJosé, que, en representación de toda a comunidade educativa, presentaron o noso proxecto Somos quen.
Parabéns a tod@s, alumnado, familias, profes que están e estiveron, asociacións e outras entidades da contorna que con nós colaboran, ONG varias, Concello e Garda Civil, artistas feneses, ANPA Río de Va... e a todas cantas persoas acompañan o noso camiñar escolar cara a un mundo mellor para todos e todas.
(E para Rato Gordecho, tamén, que, ás veces, tamén ten boas ideas)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario