31 de marzo


    Alá vai marzo! Hoxe toca ocuparse de tareas domésticas. Ainda que vai un frío que pela e ando ben abrigadiña, vou recoller a roupa de inverno. Chegou a hora de darlle a volta ao armario. Hai que ter a casa ben organizada e non podemos agardar a que nolo fagan todo. Diso nada. O traballo da casa é competencia de todas aquelas persoas que nela viven.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario