Hoxe tivemos unha hora moi divertida. Recibimos ao noso gran amigo Anxo Moure. Como moi ben di el a nosa relación é xa de longos anos, dende aqueles tempos nos que nos visitaba o seu bisavó o Apalpador (miau!). Fainos chegar montes e moreas de cariño, para nós, para os montes, para as árbores, para eses nenos e nenas refuxiados que o están a pasar mal... A súa "pazdeireta" é música de esperanza.
Nós somos quen de cambiar o mundo. Grazas, Moure, por non cansar nunca de recordárnolo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario