Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio, data na que é importante reivindicar a radio como o que é: unha potente ferramenta pedagóxica para que a rapazada desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.
Nesta data tan especial queremos facer mención á nosa participación no programa en directo que Radio Fene emitiu dende a escola de Limodre. Este programa forma parte do proxecto Onda ODS no que participan, entre outras, as emisoras locais galegas co obxectivo de dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre os retos da Axenda 2030.
Aí estivo o alumnado do CEIPP Os Casais ao completo, comentando algunhas das actividades que fan e están relacionadas cos ODS e falando da relevancia que teñen as pequenas accións que cada un de nós fai ou deixa de facer.
https://youtu.be/lQpVlcw1DGs?si=yUGYJQbYBXacyHMC
https://youtu.be/_rWZWSfnL8w?si=-2QmFJzS1lfvoZ5c
https://youtu.be/eKUqfPy0RoE?si=nxbR7ei--67eqKv1
https://youtu.be/C0e5JwRxG2w?si=FU-k8MjjKvvV_hL5
https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/r%C3%ADas-e-o-futuro-do-planeta
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario