Pasou un ano, si. Un ano dende aquel tempo que pasamos Rato Gordecho e máis eu aquí soíños con todo o cole para nós. Canto argallamos para pasar o tempo!!! Lembro que cantamos, bailamos, fixemos bricolaxe, papiroflexia, pasteis, experimentos... de todo fixemos para non nos aburrir.
Tamén lembro o mal que o pasamos exprimindo os miolos pensando en como ocuparnos dos libros e a lectura tendo aos nenos e as nenas tan lonxe. Pero, coma sempre, aí estaban as marabillosas familias de Os Casais para tirar do carro.
Hai pouco chegou ao cole unha carta da Real Academia Galega felicitándonos pola nosa participación na Primavera das Letras 2020. Sempre o mérito máis grande e das nenas e dos nenos, pero, desta vez, temos que recoñecer que non tería sido posible celebrar un tal fermoso Día das Letras Galegas sen as familias.
Moitas grazas a tod@s!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario