Lembrades a nosa cadeira vermella?
Este ano está "aparcada" na biblio, porque non se pode andar con ela de aquí para alá. Xa sabedes por que...
Pero espero que lembrades tamén que significa que defendemos o
DEREITO Á EDUCACIÓN.
Todos os nenos e nenas do mundo deberían poder ir á escola, verdade? Non está nada ben que non sexa así. E, por iso, cada ano, nesta semana de abril celébrase a:
SAME
SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Coma sempre, nós tamén participamos, alzando a nosa voz pola educación.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario