Ola a tod@s!!

           
  
  Teríanos gustado moito poder ir coa Asociación Betula a facer unha limpeza voluntaria do río de Vaa como fixemos outros anos, pero neste, como todo ten que ser de "andar por casa", quedamos no cole e démoslle un repaso ao bosque. Non pensedes que non está limpo, que de cotío coidámolo ben, que o queremos moito. Pero sempre hai cousas que retirar: aquelas que caen ou quedan perdidas, pequenos papeis e plásticos que traen o vento ou os paxaros, restos de traballos esquecidos... Algo sempre hai! 
  Grazas, nenas e nenos de os Casais!
O rato e máis eu estamos moi sorprendidos de tanto como apañáchedes. Quedounos moi claro que sabedes ben o importante que é coidar a natureza.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario