Tal como corresponde a estes tempos que corren, celebráronse de forma telemática. Esta circunstancia supón perder a tan necesaria e estimulante presencia de tantas e tantas persoas que traballan nas bibliotecas e coas que compartir e intercambiar experiencias e opinións. Tamén problemas e dificultades.
Pese a todo, non deixaron de ser magníficos e unha nova oportunidade para recabar ideas, coller folgos, aprender e entusiasmarse.
Se a organización deu as grazas ao remate dos encontros, este agradecemento non pode máis que ir de volta. Ademais, en maiúsculas.
GRACIÑAS
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario