Pintora, escritora, poeta

Ola a tod@s!!
   Algo non facemos mal de todo cando están a xermolar estas vocacións... Miau! Marramañau!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Visita

Ola a tod@s!!
   Estes últimos días hai xa menos actividade na biblioteca, por iso ando moito polo bosque, que estou moito máis fresquiña alí e, ademáis hai moita máis xente. Miau! 
   Pero hoxe veu Carolina. Non me viu; eu estaba no meu agocho de sempre (que é tan bo que nunca me ven) e pasei desapercibida. Mais eu si que a vin a ela, e ás profes coas que estaba.
   Veu recoller o premio en metálico do escape-room do Camiño.
   De novo:  En hora boa, Carolina!  Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

El@s tamén len...

Ola a tod@s!!
  Sempre queda algun ou algunha rezagad@... Ou dous. Miau!

Moitas grazas!!! 
No verán, sentireime menos soa neste edificio baleiro (o Rato non conta, que, ás veces, prefiro non velo, que é un incordio).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Continuamos lendo

Ola a tod@s!!
Lendo. Ata o último día.
Así se fai.
Ou non?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Traballando a gusto

Ola a tod@s!!
   Vaia día que tivemos hoxe!!! Perfecto para estar na praia; pero para traballar... Menos mal que estamos no lugar apropiado para que estes rigores de fin de curso a nós tanto nos teñan.
   Así da gusto traballar!!!
   Aquí @s tedes. Son @s de 5º, tan concentrad@s na biblioteca.
   Na biblioteca? Siiiiiiiiiiiiiii. Lembrade: todo o cole é biblioteca.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Time capsule

Ola a tod@s!!
   Preparando a cápsula do tempo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Bosque, querido bosque

Ola a tod@s!!
Soubemos sempre que o noso cole é excepcional, que ten un espazo exterior magnífico e un bosque marabilloso no que medrar sans. Nunca deixamos de intentar poñelo en valor e, dende hai moitos anos, gozamos e aprendemos moito nel.
Pero nunca tanto como neste curso tan especial, no que tan necesarias eran para tod@s o contacto coa natureza, o moverse libres, o aire puro... tiramos del para vivir o día a día.
Que gran privilexio é contar co noso bosque!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes