Equipos

Ola a tod@s!!
   Están xa en marcha os equipos interniveis para traballar na biblio. Comezamos cunha actividade para practicar a CDU. Pero, antes de nada, houbo que nomear ás madriñas e padriños deste curso. Polo de agora temos a Miriam, Uxía, Hugo e Gael que, como son maiores , teñen moito que ensinar ás nenas e nenos máis pequenos.
   Os tres grupos conseguiron sen dificultade o reto que Mica preparou. 
   Non hai como traballar xuntos!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario