ANPA Río de Va

Ola a tod@s!!
   Un ano máis, grazas a ANPA Río de Va, contamos co proxecto de igualdade. Desenvolverase ao longo deste trimestre e conta con obradoiros para a alumnado e tamén para profesorado e familias.
   Un cole é comunidade e a colaboración entre todos é fundamental para ofrecer aos nosos nenos e nenas unha educación de calidade.
   Dende a biblioteca escolar non podemos deixar de agradecer a gran labor que a ANPA realiza, curso tras curso, cun gran esforzo e moitísimo tempo de dedicación.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario