Día das Letras Galegas

Ola a tod@s!!
   O venres celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicadas ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
     Aquí tedes un resumo de tan fermoso día. Titulámolo O galego mola. Quixemos destacar a nosa cultura, o patrimonio, a historia, o folclore, a paisaxe, a literatura... e, como non, a lingua.


   Tamén escoitamos o programa de radio O faiado de Mica 4, que as nenas e nenos de 6º gravaron. Coma sempre, está dedicado ás mulleres de Fene. Pero, nesta ocasión, era un especial para as Letras Galegas no que entrevistaron ao artista valdeorrés Roi Dominguez, autor da escultura da fachada da Biblioteca Municipal de O Barco de Valdeorras "Florencio Delgado Gurriarán".

 

 
     E realizamos unha videoconferencia! Puidemos ver e falar coas nenas e nenos de Infantil do CEIPP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras. Contáronos moitas cousas de Florencio Delgado Gurriarán. Canto saben!!!


Foi un día fantástico!!!

  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

10 gatiñas

Ola a tod@s!!
   Seguro que aínda non virades a historia que Santi contou. Era aquela das miñas dez amigas, gatas viaxeiras todas elas.
    Na clase de Educación Infantil gustou moito este conto.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OutDoor Day

Ola a tod@s!!
   O pasado día 19 celebramos o OutDoor Day desta primavera. O Día da Aula ao aire libre é un movemento global para facer que o tempo vivido no exterior sexa parte da vida de todos os nenos e nenas. Hai dous días de acción cada ano, un na primavera, outro no outono. Nesas datas, as clases dámolas fóra, para facer campaña para pasar máis tempo ao aire libre todos os días.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
   Sempre van aparecendo fotos perdidas. O Rato anda con elas e despois non sabe onde as deixa.
   Lembrades? @s profes tamén contan. Todos e en todas as aulas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maios 2022

O próximo ano, no Pote!!!

               
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Infancia = xogar

Ola a tod@s!!
   Non podo deixar de comentar a grata sorpresa que levei o outro día no recreo. Gústame moitísimo observar como xogan. Ando por todas partes, ainda que raramente me ven;  algunha vez @s máis pequen@s, @s grandes, nunca. Eu si que @s vexo. E observo. Esta semana pasada sorprendéronme moitísimo. Pero que farán?, dicíame a min mesma. Ata que descubrín que montaron unha auténtica froitería. O produto fresco, fresco e de primeira calidade.
   Deixovos unhas fotos, seguro que vos gustan tanto como a min.
   A infancia é xogar. Se alguén pensaba outra cousa, aquí tedes a proba de que se equivoca.
   Sonche un amor. Ou non?


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes