Por cortesía do Consorcio Editorial Galego o noso alumnado participou na biblio nunha sesión de teatro con "A Xanela do Maxín. O título da actividade foi Rachando co guión, espectáculo que fomenta a igualdade a través do xogo dramático e no que as nenas e nenos , xunto con Celtia Figueiras, actuaron con títeres, convertíndose en parte activa do proceso artístico e de concienciación sobre as desigualdades de xénero.
Día do Libro
Ola a tod@s!!
Para festexar o Día do Libro tivemos tamén na nosa biblio unha función-obradoiro de teatro en inglés. Que ben o pasamos!
Para festexar o Día do Libro tivemos tamén na nosa biblio unha función-obradoiro de teatro en inglés. Que ben o pasamos!
Premio Mil Primaveras
Ola a tod@s!!
Hoxe o Rato e máis eu estamos moi contentos (por partida doble) porque a Real Academia Galega acaba de conceder o VI Premio Mil Primaveras ao proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia, que desenvolve en colaboración co concello de Ames: Modo Galego. Actívao!
Moitos destes xogos están na nosa biblio e recibir a Irimia no cole é sempre un pracer polos divertidos momentos que nos fai pasar.
Do Modo Galego. Actívao! estamos xustamente agora participando na adaptación que nós facemos. Este galardón é un bo motivo para continuar con folgos renovados tras esta longa ponte.
Dime o Rato Gordecho que tamén significa que estamos no bo camiño. Miau! Sabedes? O Rato éche un trasno, pero, ás veces, penso que é sabio. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Modo Galego.Actívao!,
premios,
RAG,
xogos
A Gran Lectura
Ola a tod@s!!
Choveu. Este curso éche todo así! Coa sempre, que isto é Galicia, di o Rato. E boa razón que ten. Mais non deixa de ser unha pena non poder celebrar A Gran Lectura, un dos clásicos do noso cole, no exterior. Aínda así, esta actividade resultou todo un exito. A min encántame ver a todos tan contentos, gozando de estar xuntos, grandes e pequenos, pequenos e grandes, gozando da lectura, gozando cos libros.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
A casa da Mosca Chosca
Ola a tod@s!!
Onte, 23 de abril, Día do Libro, os nenos e nenas que forman parte do Voluntariado de Biblioteca, representaron para nós o conto A casa da Mosca Chosca. Fixérono xenial e gustounos moito. Di o Rato Gordecho que a próxima semana, cando vaian á Residencia de Maiores, van ter un éxito rotundo. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
hora de ler,
teatro,
Voluntariado de biblioteca
Premio Clubs de Lectura 2025
Ola a tod@s!!
Recibimos unha boa nova que nos enche de ledicia: a nosa querida madriña, Paula Carballeira, é a autora recoñecida este ano polos Clubs de Lectura das bibliotecas escolares galegas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







