Hoxe o Rato e máis eu estamos moi contentos (por partida doble) porque a Real Academia Galega acaba de conceder o VI Premio Mil Primaveras ao proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia, que desenvolve en colaboración co concello de Ames: Modo Galego. Actívao!
Moitos destes xogos están na nosa biblio e recibir a Irimia no cole é sempre un pracer polos divertidos momentos que nos fai pasar.
Do Modo Galego. Actívao! estamos xustamente agora participando na adaptación que nós facemos. Este galardón é un bo motivo para continuar con folgos renovados tras esta longa ponte.
Dime o Rato Gordecho que tamén significa que estamos no bo camiño. Miau! Sabedes? O Rato éche un trasno, pero, ás veces, penso que é sabio. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Ningún comentario:
Publicar un comentario