Pensando "nesa" carta...

- Ola Rato Gordecho! Véxote moi atarefado, que estás a facer?
- Pois estou escribindo a carta aos Reis, xa sei que vou pedir!!!
- Dime, dime!
- Vou pedir un libro electrónico!!!
- Vaia! E logo, non che chega cos libros da biblio? 
- É que nun libro electrónico collen moitos máis, Mica.
- Xa...bueno, para gustos...a min gústame moito o tacto dos libros, como ulen, prestarllos aos meus amigos, incluso facer "bookcrossing"!
- Que é iso do "bucrousin"?
- Pois les un libro e despois libéralo nalgún parque ou nunha cafetería para que outr@o poida ler tamén, incluso podes deixar unha nota co que che pareceu o libro.
- Que boa idea! Pero eu non vou deixar o libro electrónico por aí...
- En fin, da igual en que formato, o que importa é ter sempre algo que ler. Precisamente aquí traio unhas recomendacións para este Nadal.
- Estupendo! Deixa que bote unha ollada antes de rematar a carta!!
- Claro que si!

(...)

- Oíches, Mica...
- Dime, Rato.
- E como fago para roer no libro electrónico...Non me pasará a corrente!!!



Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

BUSCA INSPIRACIÓN PARA NADAL AQUÍ...


Semana da literatura oral

Ola a tod@s!!!

O mes pasado estivemos moi, moi atarefad@s! Varias mamás viñeron a contarnos historias para celebrar a semana da literatura oral. Botade unha ollada ás fotos. Moitas grazas a todas por participar!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own picture slideshow


Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes




Outubro - Mes das bibliotecas escolares: O Tesouro do Gato Farrapo

Ola a tod@s!

Que emocionante foi o pasado xoves 25 de outubro!!!! Non vos podedes imaxinar que aventura vivimos na biblio ese día!!

Descubrimos que o Gato Farrapo, un vello amigo pirata, deixara escondidas na biblio as pistas para atopar un tesouro!!! 

Os aguerridos piratas de 3º e 4º pasaron unhas probas durísimas para dar coas pezas do mapa, que estaban moi ben agochadas nos libros, e tiveron que ter moito tino e  estar caladiños, para que o archienimigo "Gato Barbudo" non atopase o tesouro antes ca nós, iso foi un pouco difícil...pero por fin, foron quen de montar o mapa e descubrir onde estaba o cofre do tesouro.

E sabedes que había dentro? Moedas de ouro ...recheas de chocolate!! Estes valentes piratas deixáronnos unha parte do botín ao Rato Gordecho e a min, podémosvos dicir que estaban boísimas!!!! 

Aquí tendes as fotos dos piratas da biblio:


Click to play this Smilebox
slideshow
Create your own slideshow - Powered
by Smilebox
Free photo slideshow personalized with Smilebox

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Samaín

Ola a tod@s!!

A biblio está chea de serpes, arañas, pantasmas e monstros!!!! Tranquil@s! Non necesitamos axuda, é que o Samaín chegou á biblio, como non, en forma de libro.

Rato Gordecho e máis eu pensamos que para enfrentarse ao medo hai que coñecelo, así que estivemos pescudando todo o que había que saber sobre esqueletes, vampiros e zombies nesa colección tan chula que se chama "O baúl dos monstros". E cando envolvemos ben o pescozo con allos investigamos sobre seres máis autóctonos con "Lapadoiras, Sacauntos e Cocón". Que medo!!!

Tamén botamos unha ollada a outros países, en "Scary tales" varios nen@s do cole contannos contos terroríficos en inglés, hai que estar preparad@s para todo!!

Así que, xa sabedes, a informarse ben, non digades que non vos avisamos. Por certo, recordade que se dades con un libro-mostro coma o de Harry Potter hai que ser agarimoso e rascarlle un pouco o lombo para que vos deixe ler o que queirades...Antes de que vos coma unha man!!!

Que pensades, teñirei o pelo de negro para ir acorde coa ocasión?




Miañadiñas e ronroneos para pasar menos medo...

Mica  Bigotes

Masartísticas

Ola a tod@s!

Imaxinades un conto sen debuxos? Podedes pensar nun mundo sen música? Nós non. Aprende a expres-arte.



Miañadiñas e ronroneos musicais...

Mica Bigotes

Elemental, querida Mica - Outubro: mes das Bibliotecas Escolares

Ola a tod@s!!

Nesta biblio pasa de todo!! Esta semana foi moi emocionante! A Sra. Bouzas, esa que lle da de comer ao meu amigo, o gato rubio, sabedes?? Desapareceu!! Estaba tan tranquila lendo un libro de "cociña para gatos" e foi secuestrada. Por sorte, o secuestrador era un pouco chapuzas, porque deixou pistas por toda a biblioteca...

Así que, o rato Gordecho máis eu decidimos chamar a un experto en secuestros: o detective Jackson, que xunto c@s alumn@s de quinto e sexto - expert@s en CDU e búsqueda de libros na biblio - puxeron todo patas arriba (isto é un dicir, que deixaron todo ben colocadiño, como debe ser!) para dar co culpable. E claro, atopárono!! 

Así que non vos preocupedes, que a Sra. Bouzas está perfectamente e preparándolle pratos exquisitos de novo ao meu amigo, a ver se nos invita a cear...

Para agradecer a súa colaboración, @s detectives foron obsequiad@s con un marca páxinas chulísimo e un batido co que tod@s brindaron polo éxito da investigación.

Botade unha ollada as fotos dese día facendo clic nesta presentación.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow


Miañadiñas e ronroneos.

Mica Bigotes

Outubro: mes da biblioteca escolar

Ola a tod@s!

Sospeitoso, moi sospeitoso!!!!! O rato máis eu estivemos a dar unha volta polos corredores do cole e estamos emocionados, porque sabemos que algo grande vai pasar na biblio nos próximos días. 


Se lestes a nosa carta saberedes que ten que haber un tesouro pirata nalgures...onde????!!! O Gato Farrapo, o meu antepasado, deixounos algunhas pistas que teremos que ser capaces de interpretar para dar con el. 


Tamén temos unha desaparición!! A Sra. Bouzas, dona dun gato amigo meu, desapareceu en estranas nesta mesma biblioteca. Seremos capaces de atopala antes de que sexa demasiado tarde????? Haberá que exprimirse a seseira para dar coa clave!

En fin, espéranos unha semana chea de sorpresas, estades preparad@s??


Miañadiñas e ronroneos