Outubro - Mes das bibliotecas escolares: O Tesouro do Gato Farrapo

Ola a tod@s!

Que emocionante foi o pasado xoves 25 de outubro!!!! Non vos podedes imaxinar que aventura vivimos na biblio ese día!!

Descubrimos que o Gato Farrapo, un vello amigo pirata, deixara escondidas na biblio as pistas para atopar un tesouro!!! 

Os aguerridos piratas de 3º e 4º pasaron unhas probas durísimas para dar coas pezas do mapa, que estaban moi ben agochadas nos libros, e tiveron que ter moito tino e  estar caladiños, para que o archienimigo "Gato Barbudo" non atopase o tesouro antes ca nós, iso foi un pouco difícil...pero por fin, foron quen de montar o mapa e descubrir onde estaba o cofre do tesouro.

E sabedes que había dentro? Moedas de ouro ...recheas de chocolate!! Estes valentes piratas deixáronnos unha parte do botín ao Rato Gordecho e a min, podémosvos dicir que estaban boísimas!!!! 

Aquí tendes as fotos dos piratas da biblio:


Click to play this Smilebox
slideshow
Create your own slideshow - Powered
by Smilebox
Free photo slideshow personalized with Smilebox

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

2 comentarios:

  1. Gustaronme moito as fotos, pero...Onde estan as de 5º?
    Biquiños!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lara: As de 5º están neste mesmo blogue pero uns días antes, coas de 6º. Busca, busca!

      Eliminar