Toda ocasión é boa para gozar da lectura. Se é coas familias, mellor que mellor. Se, por riba, e nun marco incomparable como o noso bosque, convértese nunha experiencia marabillosa. Se lle sumamos unha xornada comunitaria e festiva, é xenial! Miau!
Día das escritoras
Ola a tod@s!!
Que ben traballaron estes equipos! As actividades de FU , aínda que sinxelas, van dando resultados. Despois, durante toda a semana, a gozar das obras das escritoras escollidas para este ano.
Que ben traballaron estes equipos! As actividades de FU , aínda que sinxelas, van dando resultados. Despois, durante toda a semana, a gozar das obras das escritoras escollidas para este ano.
Equipos interniveis
Ola a tod@s!!
Estas medallas, que estaban a espera de conseguir dono, xa teñen. Xa están formados os equipos interniveis, con cadanseu padriño ou madriña. Só queda empezar a traballar. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Peixe fresco!
Ola a tod@s!!
O luns gozamos do espectáculo "Peixe fresco do día", da man do GALP A Mariña-Ortegal. Os títeres axudaron a concienciarmonos dos coidados que lle debemos ao mar e nos aprenderon as diferentes partes das embarcacións, os traballos dos mariñeiros, a diversidade de peixes... Que ben o pasamos! Como nos gusta o teatro!
Saída do Somos rural
Ola a tod@s!!
Comezamos o mes de outubro coa saída do premio Somos rural. Visitamos o Centro de Interpretación do Xacemento de Caldoval no veciño concello de Mugardos. Puidemos observar fragmentos recuperados de cerámica de cociña e de mesa, moedas, ánforas..., toda a estrutura do espazo termal e realizar os nosos propios mosaicos "romanos".
Tamén nos valeu esta saída para gozar durante toda a mañá da compañía da rapazada que xa é de Instituto. Grazas Deva, María, Hugo e Miriam, por vir. Engadíchedes moita alegría a unha mañá xa de por si plena e satisfactoria.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Chegou a noticia un pouco tarde de máis (a min teríame gustado que a rapazada non estivese xa de vacacións), pero benvida sexa! E tanto!
Que alegría enorme! Premio moi, moi merecido!
Chegou a noticia un pouco tarde de máis (a min teríame gustado que a rapazada non estivese xa de vacacións), pero benvida sexa! E tanto!
Ata o Rato anda dando brincos!
Grazas Anxos, Aurora, Breixo, Lola, Lúa, Maré, Mariña, María, Martín e Miriam!
Nós sabiamos de sobra que o voso compromiso coa biblio é de 10, non sei vós...
vedes como si?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
No verán, lectura!
Ola a tod@s!!
As vacacións son un tempo apropiado para gozar da lectura de vagar.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Proxecto O noso patio soñado
Ola a tod@s!!
Sabiamos que estabamos a facer, todos xuntos, un proxecto magnífico (grazas familias, moitísimas grazas Marta!), pero non contabamos con que tería recompensa. Que alegría! O esforzo compartido ten a súa recompensa.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Cooperación,
Lectura e familias,
premios,
Proxecto Patio,
teatro
Eu leo porque...
Ola a tod@s!!
Encántame que fagan isto, pero, no fondo, canta peniña me da. É unha alegría grande ver canto medraron, por fóra e por dentro, pero quedamos sen eles, sen elas, e ímolos botar en falta. Moito! Dígocho eu!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Nuria Vil na nosa biblio
Ola a tod@s!!
A piques de rematar o curso, a nosa biblioteca recibiu a mesmísima Nuria Vil (ao Rato gústalle moitísimo), quen ofreceu aos nenos e nenas do 4º/5º e 6º un obradoiro de poesía tan bo, do que tanto gozaron e no que tanto traballaron, aprenderon e se divertiron que tocou o timbre e alí non se moveu ninguén. Con razón rosmaba o Rato Gordecho: "porque temos autobús e non queda outra que marchar, senón durmen aquí..." Eu, coma sempre, díxenlle: "Pero non é estupendo que pasen estas cousas...? Coido que si. É ou non é?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ficción Dixital
Ola a tod@s!!
Este curso, os obradoiros de Ficción Dixital remataron cunha actividade que á rapazada de 5º e 6º gustoulles moito, moitísimo: un encontro co alumnado do CEIP de Pazos, co que o noso centro comparte proxecto baixo a mentorización de Lucas Ramada. Encantoulles! Compartir experiencias é marabilloso! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
encontros intercentros,
ficción dixital
Os mariscos da nosa ría
Ola a tod@s!!
Ben interesante todo isto que nos contaron! Igual non era mala idea afondar un pouco máis neste tema... Hai que darlle unha volta, non credes?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
a ría,
Fene,
marisco,
obradoiros
Club de lectura
Ola a tod@s!!
Por razóns de axenda, Abril Camino non puido visitar o noso Club de Lectura de persoas adultas ata esta data tan tardía. Non era a mellor para nós, pero non por iso deixamos de gozar do tempo que compartimos con ela, das súas experiencias literarias e editoriais, das diferentes reflexións sobre a súa obra, e sobre a necesaria normalización da diversidade.
Un pracer tela con nós!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
OutDoor Day
Ola a tod@s!!
Como facemos sempre (se a choiva non o impide, que é moitas veces) non perdemos a ocasión de celebrar o OutDoor Classroom Day. Desta vez houbo sorte!
Polos creativos
Ola a tod@s!!
Se houbera máis tempo, seguro que a rapazada querería facer máis proxectos cos materiais dos Polos Creativos. O Rato non para de dicirme o contentos e concentrados no traballo que os ve e ten razón, porque así mesmiño é.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
circuitos eléctricos.,
escenografía,
Polos creativos
Despedida
Ola a tod@s!!
Despedimos a Davia; con pena, porque nestes dous cursos que estivo con nós, fíxose querer moitísimo. Grazas, Davia! Querémoste!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























