Hoxe recibimos na biblioteca a Quique, quen, con esta charla que veu dar, volveu á súa casa, porque o noso é tamén o seu cole. Alegrouse moito de volver. Nós tamén de recibilo.
Veu presentarnos o Club de Remo de Ares e as súas actividades . Falounos de remo e de regatas, tanto de banco móbil coma de banco fixo, de remo olímpico e, como non, de traiñeiras. E da Liga ACT (a primeira división das regatas) na que o Club compite dende 2019.
Grazas, Quique! En setembro queremos probar cun batel!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario