Morro coas ganas de que chegue mañá! Non imaxinades canto me tarda que estean aquí outra vez todos os nenos e nenas. Ata voto en falta ás profesoras e profesores! E iso que so foron 5 días... Miau!
O Rato anda liado todo o día coas toupas e eu percorro o cole de arriba para abaixo, de abaixo para arriba, pero atopo moito silencio de máis. Faltádesme!
Ainss! Quero volver a ter bonitas escenas como esta todos os días:
Ningún comentario:
Publicar un comentario