Hoxe, 24 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Educacion. Este día foi proclamado pola ONU no ano 2019 e nós vímolo celebrando dende o primeiro día. Antes ben, celebrábamolo xa con anterioridade. Sempre defendimos de maneira especial (dentro da defensa de todos os dereitos humanos, claro está) o dereito á educación para todas as nenas e nenos do mundo, para todas as persoas, en realidade, sexan mozas ou adultas. Por iso, a nosa querida Cadeira Vermella, acompáñanos de forma permanente.
Neste curso, como non podemos realizar ningún acto reivindicativo conxunto, foi a clase de 5º a encargada de lembrarnos a tod@s a importancia da educación.
Dámoslle as grazas a Carolina, Enma, Irene, Fran e Miguel por ter realizado este vídeo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario