Estou moi contenta porque estades de novo aquí. Encántame ver canto aprendedes e como compartides os días cos vosos compañeiros e compañeiras. Tamén sigo un pouco preocupada. Isto da COVID-19 é unha cousa seria e perigosa, coa que temos que ter moito coidado. Pero, sobre todo, síntome ilusionada ante este novo curso, porque sei que vós ides acompañarme un ano máis na miña (vosa, nosa) querida biblioteca.
E vós? Como vos sentides?
E vós? Como vos sentides?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario