Parabens, Rocío

Ola a tod@s!!
Eu son unha gata moi afortunada. Síntome moi orgullosa das nosas nenas e dos nosos nenos. Son tan fantástic@s!
E, por riba, ás veces danme unhas alegrías tremendas.
O rato gordecho dime sempre que se me cae a baba con el@s.  E algo de razón ten...
O sábado pasado, ás 12:30, Rocío recibeu o 1º Premio de Micropoesía do V Certame Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol. 
Foron moitos os coles participantes.
O noso, como vedes, estivo representado magníficamente.
Parabens, Rocío!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario