Día de Rosalía 2017

Ola a tod@s!!
Para conmemorar a data de nacemento da gran Rosalía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, propuxo a actividade  RosalíaTe. Tal como vimos facendo fai anos, participamos nela.
Aquí podedes vernos ben "rosaliados":
Pero neste gran día participaron todas as nosas familias. E, antes de nada, "rosaliamonos" na casa.



 Despois tocou desfrutar na nosa biblio dos tan fermosísimos versos como nos deixou. Tivemos a sorte de que algúns papás, mamás, padriños... viñeran ler con nós.
Canto desfrutamos! Non sabedes o que nos gusta que estedes con nós e compartades o traballo que facemos!

Mais non ían participar so os maiores, non? Que levabamos xa tempo traballando sobre a autora e queriamos amosar o maravillosos que nos parecen os seus poemas!

E, como non, tamén fixemos a pertinente ofrenda "floral" que ben merece.

 Por si todo o anterior fora pouco (que non foi) o alumnado de 5º e 6º quixo homenaxeala rapeando o coñecido poema Adiós ríos, adiós fontes.



Foi un día fantástico! O rato e mais eu (pese a estar agochados) desfrutamos moitísimo. Temos un lugar privilexiado dende o que se ve todo e se escoita todo.
Moitas grazas!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario