Mes da Biblioteca Escolar

Ola a tod@s!

Por fin abrimos a biblio e temos xa as mochilas preparadísimas para viaxar ata as vosas casas. O Rato estaba contentísimo, metíase dentro das mochilas, argallaba nos libros, volvía saír...tanto que case queda pechado dentro dunha delas!! Imaxinádevos que vos aparece na casa!


Como xa sabedes, en outubro estamos de celebración, porque é o mes das bibliotecas escolares, o lema deste ano é "ler ciencia na biblioteca escolar". Aquí tendes o cartel deste ano ilustrado por Patricia Castelao (se queredes saber máis facede clic to cartel ou no nome de Patricia). Así que, tócanos investigar e recordar un pouquiño, a próxima vez que vaias á biblioteca, fíxate ben en que recuncho están os libros de ciencias: bioloxía, zooloxía, botánica...Aínda que xa sabemos que estes libros vos gustan moito. 

Para celebrar este mes o rato e máis eu temos sorpresas "estelares", non vos despistedes!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

2 comentarios: