TEI

Ola a tod@s!!
   Non falaramos nunca de que, por fin, neste curso puidemos recuperar o TEI. Lembrades o que é? Si, a titoría entre iguais. Pois que saibades que unha das actividades que fixeron foi un apadriñamento lector. E aí estiveron e están, facendo lecturas compartidas os martes.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teachers for future

Ola a tod@s!!
   A ONU acaba de incluir Teachers for Future Spain na súa web, no apartado My Climate Action. Fomos informados de tan boa nova porque nós tamén formamos parte deste movemento e traballamos en prol do medio ambiente.


Sen ir máis lonxe, aquí están hoxe plantando unhas "cabañetas" de bambú que van levar chícharos.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O xardín de Irene

Ola a tod@s!!

"... andan tolas as abellas
zugando de flor en flor,
porque o mel é cousa delas..."


   Lembrades canto saben as nenas e nenos de Infantil sobre as abellas? Seguro que por iso escolleron este poema, aló no mes de marzo, para colocar na súa porta.
    Primavera e poesía, unha parella fermosa coa que fixemos cousas chulas, e eu ainda non amosara ningunha. Así que, poño esta dos pequerrechos. Bonito, verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Chegou a hora de presentar a memoria do voluntariado. E non sabedes ben canto axudan estes nenos e nenas. Sen o seu traballo desinteresado ao longo de todo o curso a nosa biblio, sen dúbida, funcionaría un pouco peor. Son fantástic@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Tarde de teatro

Ola a tod@s!!
   Esta tarde recibimos a María Torres, de Elefante Elegante, grazas ao programa Lectura e Familias. O Rato e máis eu, coma sempre, estivemos no noso furadiño observando. Penso que todas cantas persoas alí estiveron gozaron do tempo que con ela pasaron. 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura

Ola a tod@s!!
   Neste cole todos somos voluntarios de lectura, len as familias, as nenas e nenos maiores son contacontos e nós tamén contamos. Sabédelo, verdade?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

22 de abril: Día da Terra

Ola a tod@s!!
   Hoxe é unha desas datas que non podemos deixar de destacar. É necesario tomar moi en serio o coidado do planeta; pero moi, moi en serio; e xa. É sábado, por iso, as actividades especiais para celebrar este día fixémolas onte.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes