Seguimos contando contos

Ola a tod@s!!

Somos Contacontos! 
Aquí tedes a Álex, unha vez máis, repetindo a experiencia de compartir a Hora de Ler, coas nenas e os nenos da clase de Infantil.

Non sabedes canto me gusta ver como desfrutan xunt@s!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Fene lendo mulleres

Ola a tod@s!!
   Non me acordara de contar que levei unha alegría moi grande o día que o Concello nos comunicou que ía retomar a actividade de FenelendoMulleres.
 Eran xa moitos anos os que levabamos desfrutando moitísimo ese día, así que, cando non se fixo, sentimos moita mágoa (o rato e máis eu, pero tamén as nenas, os nenos e @s prof@s tod@s de Os Casais).
   Que ben que cambiaran de idea!

                                                                  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mulleres, galegas e poetas

Ola a tod@s!!
   Ben sabedes que este curso as bibliotecas escolares estamos prestando unha atención especial á poesía. Por iso, para celebrar o 8 de marzo, traballamos algunhas das nosas poetas. Tivemos que escoller só 8 entre as moitísimas que, afortunadamente, temos na actualidade. Tocoulle a estas que podedes ver no mural.
Sei que vos gustou moito facer este traballo, porque vos encanta realizar actividades nas que participades tod@s.
Se ata algún curso queixouse de que se lles fixo pouco!!!
Sodes fantástic@s!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día da Poesía

Ola a tod@s!!
Non hai cole coma a noso! Vaia sitio máis bonito para recitar!
O rato gordecho andaba correteando pola herba, pero eu escoitei atentamente. Canto me gustou!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Árbore

Ola a tod@s!!
   Hai mellor maneira de celebrar a entrada da primavera que recitando versos e plantando árbores?
   Claro que non!
   As eirugas da seda van estar encantadas con este exemplar de morus alba.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cando a Candeloria...

Ola a tod@s!!
Lembrades? Cando chegou a Candeloria metade do inverno ía fóra...
E os paxaros trouxeron, en pouco tempo, a primavera.
Xa a temos aquí! Chea de poesía, como non!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O noso espazo fedelleiro

Ola a tod@s!!
E, xa postos a recordar bos momentos... 
Lembrades canto traballiño vos dou facer as letras da paz? Pero cantas risas, canta alegría, canta imaxinación e creatividade puxéchedes nelas, vai que si?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes