O venres celebramos un pequeno acto de rexeitamento da violencia. Aqueles e aquelas que son os homes e mulleres dun futuro non moi lonxano din NON á violencia de xénero.
Pensaba o rato que ás nenas e aos nenos dos cursos máis baixos non lles ía gustar tanto como aos maiores a nosa exposición. Que equivocado estaba! Xa o sabía eu...
Desgraciadamente, cada 25-N temos que lembrar esa terrible lacra social que é a violencia de xénero. A educación é o medio mais eficaz para que as cousas muden. Por iso, acollimos na nosa biblioteca un obradoiro. Foi organizado polo Concello de Fene, en colaboración coa Deputación.
Resultou moi interesante e participaron con entusiasmo. Pero esperamos que chegue pronto o día que todo isto resulte totalmente innecesario.
Que vos dicía? Sabía que estes libros ían gustar moito, moitísimo.... Ainda así, levei unha boa sorpresa, vendo o extraordinario interese que despertan.
O luns, como celebración do Día dos Dereitos da Infancia, realizamos unha divertida dinámica para comprobar o indispensables que somos todas e todos a hora de realizar calquera dos retos que afrontemos. Non é xusto excluir unha das metades do mundo.
Nós participamos en igualdade.
Queremos que todas as nenas teñan a mesma oportunidade.