Por fin o sol deixounos desfrutar dun dos clásicos da nosa biblioteca: "Lendo para ti". Non poido ser o 23 de abril, pero tanto ten, porque para nós todo abril é o Mes do Libro.
Desta vez foron as familias as que se achegaron a eses"bichiños" cos que estamos a traballar tanto neste curso. A profe Alba realizou un obradoiro pola tarde na biblioteca no que puideron coñecelos e comprender a súa función educativa. Non son xoguetes (ainda que tamén poden selo), senón ferramentas de aprendizaxe.
A clase de Educación Infantil foi coñecer o pingüín de María. E de paso ver canto medraron os seus.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Que pouco tempo lles queda neste cole á maioría dos que saen na foto! Con razón houbo moita emoción ao recibir á madriña de hoxe... Leva lendo para el@s, curso tras curso, dende que tiñan 3 anos... e van quedando, pouco a pouco, cada vez menos ocasións de repetilo (o curso, o seu último da Primaria, vai rematando). Moitísimas grazas, Pili, por acompañalos no seu crecemento coma lector@s!
Con ocasión do Día da Terra lembramos o indispensable que ó coidar o medio ambiente. Coa exposición Viaxe á Antártida achegámonos un pouco a este extraordinario e privilexiado territorio para comprender a importancia de preservalo.
Dende aquí agradecemos ao CPI As Mirandas a cesión temporal da cartelería informativa para realizar esta exposición.
Canto me gusta ver mamás como Noe, que desfrutan coa lectura e ainda mais desfrutan compartíndoa con vós. Grazas de novo, Noe.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
A clase da profe Alba estivo na biblio na Exposición da Igualdade. Gustoulles moito (ou iso pareceume a min ao ver o interesados que estaban e canto traballaron despois).