Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo

Ola a tod@s!!

O venres 20 de maio a asociación AETNA invitounos a celebrar Os Maios nas instalacións de O Pote. Despois, algúns/as nen@s de 5º e 6º representaron a obra de Manuel María "Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo". Aquí podedes ver o resultado:






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Joel Alvariño gañador do VI Certame de Microrrelatos de Fene

Ola a tod@s!!


O pasado 1 de xuño, na Casa da cultura de Fene, fíxose entrega dos premios aos microrrelatos gañadores deste ano. E, adiviñade que? O noso Joel de 6º foi un dos premiados!!! O título do seu relato é "A Viaxe vital".




Tamén a nosa Paula Cutrín, agora xa no instituto, resultou gañadora co texto: "Unha viaxe para esquecer" na categoría B (1º e 2º da ESO). Os gañadores das categorias C e D foron Laura Rivera Cés e Ariadna Rocha López respectivamente. 

A noticia saeu recollida en "Feneteca.com" (http://feneteca.com/ganadoras-certame-microrrelatos-fene/) e tamén este venres pasado en LaVoz de Galicia, xunto cunha foto dos sorrintes gañadores:



Parabéns a tódolos participantes e en especial aos gañadores do concurso!!!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Letras Galegas 2016: Manuel María

Ola a tod@s!!

Hoxe fixemos a nosa pequena homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano: Manuel María.

Primeiro vimos o fermoso vídeo que fixeron @s nen@s de Infantil coa axuda da profe María José, recitando algúns dos poemas máis coñecidos do autor.



Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º leron varios fragmentos escollidos da obra de Manuel María.




Pili, a mamá de Antonio e Jaime, tamén colaborou coa celebración recitando unha poesía.



 Para rematar, tod@s recibimos un marcapáxinas conmemorativo do día das Letras Galegas.





Grazas a tod@s!!  


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Xosemaría Pérez Parallé

Ola a tod@s!!


 Hoxe, Francisco Pérez Porto, escultor e fillo do coñecido poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, visitou o CEIP Os Casais para falar connosco sobre a figura do seu pai. Tamén o acompañou Carme Romero, ceramista e pintora do concello. 


Os dous artistas contáronnos varias anécdotas sobre Pérez Parallé e incluso cantaron un par de poemas musicados do autor, así como unha cantiga composta por Carme; despois responderon con moito gusto ás preguntas que os nenos e nenas de 5º e 6º tiñan preparadas acerca da obra do poeta e deles mesmos.

Moitas grazas Carme e Francisco pola vosa agarimosa colaboración e moitas grazas Noe por poñernos en contacto con eles.

Cada vez o temos máis claro Fene é "un concello ben interesante"!!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Contacontos con Anxo Moure

Ola a tod@s!!


Hoxe a nosa biblio voltouse do revés con Anxo Moure, un contacontos moi especial que nos veu contaxiar coa súa loucura particular. Entre risas e contos aprendemos dende onde nace o río Miño, ata o importante que é coidar do noso entorno, ou a ampla variedade de árbores que podemos atopar en Galicia. 



Anxo Moure é precursor ademáis dunha iniciativa chamada "Contos Solidarios", animámosvos  moito, moitísimo a entrar na súa páxina e a seguir as súas andainas.

Moitas grazas Anxo!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Candeloria "ilustrada"

Ola a tod@s!!


Xa está aquí! Xa chegou! A Candeloria enchendo o noso corazón! 

Xa cantan os paxariños e @s nen@s polos corredores do cole, non o notades? O Rato e máis eu xa vimos algún e algunha alumn@ despistad@ chocarse coa parede por non mirar cara adiante.

É que o amor xa está aquí...aínda que nunca se fora... e a Candeloria, tamén!

Pois para aproveitar toda esa enerxía positiva, temos o Rato e máis eu un montonazo de ideas. Facede clic por aquí e botade unha ollada á carta deste mes:




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Un concello ben interesante

Ola a tod@s!!

Como???!!! Aínda non vos decatastes da morea de gatos que invadiron o Concello e o noso cole? A que será debido?? Pois haberá que ver as noticias...




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes