Ola a tod@s!! Antes de comezar...fagamos un pequeno repaso do curso pasado, lembrades o ben que o pasamos? Bota unha ollada ás nosas memorias dixitais e contanos que foi o que máis che gustou.
Ola a tod@s!! Benvid@s amig@s lentor@s!! Que bonitos son os reencontros c@s amig@s, as apertas, os libros novos (...e os vellos, que hai libros que gusta ler unha e outra vez, non si?). Eu metinlle unha aperta ao rato que case o espachurro!!! En fin, seguro que estades desexando sumerxirvos nas mochilas viaxeiras que o Rato e máis eu estamos argallando; ou navegar nas novidades que estamos preparando para este ano...Ademáis haberá algunha que outra sorpresa, o curso pasado vivimos aventuras galácticas, que nos deparará este?? Igual tedes que ler un pouquiño "entre liñas" para descubrilo...pero pronto o saberedes!!
Cambiando de tema: como van esas mates?? Pois poñédevos as pilas! Porque este ano, o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia será: "Biblioteca Escolar...Matemático!!!" , con este cartel tan chulo, deseñado por David Pintor. Así que teremos moito que investigar arredor das mates. Preparados, listos, xa!!
Ola a tod@s!! Pero que ben senta espatarrarse na praia, comer un bon bocata de tortilla de patacas (e un pouco de crocante area da que nos queda polos dedos...) e pegarlle un repaso ao noso libro favorito. Iso si que son vacacións!!! Por se non se vos ocorre que máis facer en verán, aquí tendes as nosas recomendacións, saboreádeas ben, bon verán a tod@s!!!
Ola a tod@s!! Durísimo traballaron @s nen@s do noso cole para presentarse ao concurso de microrrelatos organizado polo Concello de Fene. E claro, iso tivo recompensa! Aquí podedes ver en letras ben grandes o nome da gañadora do certame na categoría de Primaria, noraboa Paula Cutrín!!
Pero iso non é todo, amig@s, ainda que non o poña no periódico, o Rato e máis eu ben sabemos que o segundo premio foi para....tachán, tachán.... Lucía Permuy!!! Por suposto, temos que felicitar tamén a Xiao Calvo (antigo compi do cole, parabéns Xiao!!) e a Noelia Freire, así como a tod@s @s participantes do concurso. En fin, aquí tendes ás flamantes gañadoras e a ligazón para poder ler as súas pequenas obras de arte:
Ola a tod@s!! Nestes últimos días, moitos papis e mamis viñeron ler á nosa biblio para conmemorar o mes do libro. Aquí tendes algunhas fotos que lles encarguei ás reporteiras do cole. Ollo ás caras de interés d@s máis pequen@s; para que logo digan que non nos gusta ler!!
E un grande aplauso para Noe!
Aquí Pilar debía estar contando un conto moi interesante, porque @s nen@s de infantil estaban ben caladiñ@s (e gústalles moito falar, dígovolo eu!):
Miguel veunlles ler @s mais maiores "Alicia no país das Marabillas". Marabillad@s quedamos tod@s!
O pasado mércores 23 de abril foi o Día do Libro. E que mellor maneira de celebralo que lendo libros! "Lorenzo" acompañounos nun día cheo de contos e agarimos, se non me credes botade unha ollada ás fotos que vos deixo (facede clic na imaxe). Lecturas máxicas e momentos máxicos...
*Recorda que as imaxes amosadas neste blogue non se poden compartir. Pero pódelas ver aquí as veces que queiras!!