Primeiros préstamos

Ola a tod@s!!
   Ver a ilusión coa que levan o primeiro libro da biblio no inicio de cada curso non ten prezo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Caixón de xastre

   Recomendacións de lectura para o verán

Premio IIIConcurso Somos Rural
Non podiamos rematar o curso de mellor maneira!
O noso proxecto foi o gañador.
(E van dúas veces!!! Miau!!!)

Grazas, familias!

Recibimos o diploma de Teachers for Future como recoñecemento ao traballo que os nenos e as nenas fan durante todo o curso.

Igualdade
Finalmente tivemos a sorte de que o noso centro fora incluído no programa
 Cinema con perspectiva.


Voluntariado
Canto traballiño fixeron este ano...


Aula hospitalaria
O conto que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil está xa na aula hospitalaria.
Esperamos que lles guste moito, porque fixémolo con moito cariño.
Pasaportes Solidarios
Recibimos os diplomas dos nosos Pasaportes Solidarios, que acreditan o traballo voluntario e solidario que realizamos durante todo o ano.

Teatro
Que ben o pasamos nesta función!

O lobo
   Neste obradoiro aprendimos moitísimas cousas sobre o lobo e outros carnívoros.
E fixemos manualidades ben chulas!


Outdoor Classrom Day
Os beneficios que aporta o contacto coa natureza son incuestionables. O tempo pasado ao aire libre repercute de maneira positiva no noso benestar, tanto físico como emocional.

Letras Galegas 2025


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O Rato Gordecho máis eu

Ola a tod@s!!
   Desta vez si que ma xogou ben xogada o Rato!
Levaba todo o curso sen facer trasnadas, pero eu xa viña desconfiando: non podía ser que, en tanto tempo, as nenas e os nenos de Os Casais non viñeran pola biblio, nin fixeran actividade ningunha, nin obradoiros, nin visitas de ninguén... Todo moi sospeitoso. Miau!
   E agora, mirade o que atopo agochado detrás dunha estantería: unha caixa abarrotada de fotos!!!
   Era sabido. Non foi quen de estarse quietiño todo un curso enteiro. Se é que non pode... Miau!
   Ireinas poñendo pouco a pouco, para que vos enteredes do que aquí se coceu en tanto tempo no que estivemos sen noticias.
   Perdoade o retraso. Son cousas que pasan... Ás veces, non se pode estar en todo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua 2025

Ola a tod@s!!
   Este martes fumos ao Correlingua, que como sabedes é un evento cultural, que inclúe unha marcha e unha actuación musical. É unha proposta lúdico-educativa que ten por obxecto a dignificación da cultura galega, pondo especial énfase na cuestión lingüística, pondo así mesmo de relevo a importancia do papel da rapazada no proceso de normalización. Nós gozamos moito con esta celebración en prol dos dereitos da lingua galega. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Mércores de lectura

Ola a tod@s!!
   
Hoxe, nestes tempos nos que estamos rematando as actividades da biblioteca, recollendo datos para realizar a avaliación, repartindo diplomas varios, etc., tivemos un día ben completo de lectura. Pola mañá, Virginia veu ler á nosa biblioteca. Dámoslle as grazas. A ela e a todas as nais e pais que, ao longo do curso viñeron compartir historias coa rapazada.

 E, pola tarde, no club de lectura de adultos, contamos coa marabillosa Marilar Aleixandre. Unha mágoa que algunhas persoas non puideran vir. Perderon unha charla certamente moi interesante. Foi un auténtico pracer recibila na nosa biblioteca e escoitala falar da súa obra e das historias reais que detrás dela hai.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes