Candeloria 2025

Ola a tod@s!!
   Este curso namoramos de... o teatro. Non podía ser doutra maneira, verdade?
(Lembrade que medio inverno está aínda por pasar)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mércores, queridos mércores...

Ola a tod@s!!
   Un día máis, as nenas maiores viñeron á biblio a lerlle un conto ás clases dos pequerrechos. Ninguén quere perderse este momento compartido. Ai..., mércores, queridos mércores... O Rato Gordecho e máis eu gozamos moito de velos xuntos ao redor dunha boa historia.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mulleres de Os Casais

Ola a tod@s!!
   Para traballar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia contamos coa presenza dunha persoa moi especial: Gema, ex-alumna do noso cole. Con ela inauguramos o que esperamos que sexa un proxecto de longo percorrido: Mulleres de Os Casais.  
   Gema é enxeñeira aeroespacial e máster en aeronáutica. Na actualidade traballa na construción de drons. Imaxinade canto interese despertou en toda a rapazada! Non paraban de preguntar!
   Deixou ben claro que Nenas e Ciencia = Binomio perfecto.
   Accedeu a ser entrevistada na nosa radio. Podedes escoitala máis abaixo.
   (Non vou dicir nada do emocionadas e orgullosas que estaban as súas antigas profes).
  

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Inclusión

Ola a tod@s!!
   Na aula de 4º estiveron traballando sobre inclusión. Como remate, deseñaron un escudo e planificaron actividades que presentaron no 41Concurso escolar ONCE.


  Esta é a audiodescrición que presentaron, para que o escudo sexa accesible para persoas invidentes. Non deixedes de escoitala! Eu non me canso de oíla.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción dixital

Ola a tod@s!!
   Continuamos cos obradoiros de ficción dixital. Non só xogan, divírtense e aprenden a gozar de videoxogos de calidade, senón que destes obradoiros surden novas actividades. Por exemplo, na clase de 4º de Primaria, optaron pola escritura creativa e inventaron historias que quixeron compartir coas outras clases.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Libros e lectura

Ola a tod@s!!
   Seguimos dándolle un vistazo preliminar aos novos fondos. Parece que os acollen ben! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
   Somos moi conscientes da importancia da lectura e tamén da impronta que deixa o exemplo; por iso, nós tamén contamos. Grazas, profe Lorena!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes