Ola a tod@s!!
Esta semana tocoulles a quenda de lectura a Hugo e Uxía. Os pequerrechos de Infantil e as nenas e nenos de 1º gozaron coas peripecias do rato de campo e o rato da cidade. Encantoulles!
Manifesto pola PAZ
Ola a tod@s!!
Hoxe realizamos un pequeno acto para conmemorar o Día da Paz que, como todos sabedes, celébrase o día 30 de xaneiro. Os nenos e nenas de 5º e 6º leron varios manifestos que prepararon para que todo o resto de alumnado comparta con eles os seus desexos de futuro e os seus compromisos pola paz. Moitas grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Os nosos expertos
Ola a tod@s!!
Esta exposición sobre o mar está conseguindo que os nosos nenas e nenas se fagan expertos no tema. Miau!
Esta exposición sobre o mar está conseguindo que os nosos nenas e nenas se fagan expertos no tema. Miau!
Plan Director
Ola a tod@s!!
Non falara aínda neste curso do Plan Director e pode que alguén pensara que neste curso non había. Si que temos Plan Director e con el as nenas e nenos maiores reflexionan e aprenden sobre igualdade, sobre o acoso escolar e sobre a necesidade de protexerse ante os riscos da Rede e de facer uso dela con responsabilidade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
acoso escolar,
charlas,
ciberseguridade,
Igualdade,
Plan Director
Corazóns de Paz
Ola a tod@s!!
Hoxe rematamos a actividade da Paz que realizaron os equipos de biblioteca. Vai quedar ben chulo o mural que fagamos con tan fermosos corazóns de paz.
Hoxe rematamos a actividade da Paz que realizaron os equipos de biblioteca. Vai quedar ben chulo o mural que fagamos con tan fermosos corazóns de paz.
Etiquetas:
CDU,
día da paz,
equipos interniveis,
FU
Día da Educación
Ola a tod@s!!
Nesta data significativa quixemos que os nenos e as nenas gozaran do que todos os nenos e nenas do mundo deberían gozar: o xogo. A estas idades ninguén debería estar traballando, tería que estar na escola ou estar xogando.
A nosa biblioteca creativa organizou esta sesión con Brazolinda e os seus divertidos xogos de mesa artesanais en galego. Un éxtito total, como cabía esperar.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Biblioteca creativa,
espazo fedelleiro,
xogos
24 de xaneiro
Ola a tod@s!!
Un ano máis reivindicamos o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas do mundo. Non esquezamos nunca que a educación é a maior forza transformadora. O lema que empregamos este curso foi:
Poñamos a educación no mapa
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Cadeira Vermella,
Día da Educación,
ODS4
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







