Ola a tod@s!!
Todos temos claro que o exemplo é unha das mellores maneiras de aprender. As familias que len transmiten aos seus fillos e fillas o amor polos libros e a lectura. Se a experiencia se comparte cos demais o seu potencial é maior.
Temporal
Ola a tod@s!!
A nós non hai temporal que nos impida gozar do noso tempo de lecer: temos unha biblio fantástica!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Pegadas
Ola a tod@s!!
Se estes días comentamos a nosa alegría por ver de novo a biblioteca chea de vida, hoxe o entusiasmo foi todo dos nenos e das nenas. Nada menos que atoparon unha pegada de Micabigotes no patio!!! Velos tan sumamente felices non ten prezo!!! Miau!
Cousiñas simples da vida... A infancia, ese tempo marabilloso...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Que alegría!
Ola a tod@s!!
Hoxe foi o primeiro día que abriu a biblioteca no recreo. Que alegría! Notouse ben que eran moitas as ganas que tiñan de poder gozar nela. Foron moitos os nenos e nenas que aquí se achegaron para ler, para xogar, para compartir o seu tempo cos outros. O Rato e mais eu quedamos ben contentos de que estean tan felices.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






