Estou namorada del@s!

Ola a tod@s!!
   Si. Son unha gata namorada! Estou namorada del@s! De quen vai ser? Do alumnado de Os Casais!!! Cando vexo o ben que o pasan na biblio, cando, en realidade están traballando e aprendendo, o meu corazón derrétese!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Máis contacontos!

Ola a tod@s!!
   Hoxe tiven outro día magnífico. De novo puiden ver nenas e nenos de diferentes cursos compartindo momentos de lectura co que eu gozo con iso. 
As contacontos Carla e Lis leron para as clases de Infantil e Primeiro.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Biblioteca Creativa

Ola a tod@s!!
   O venres o profe Jesús estivo en Compostela na xornada de formación da Biblioteca Creativa. Cantas boas ideas para poñer en práctica! Cantos libros marabillosos para traballar con eles!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

7 de febreiro

Ola a tod@s!!
   O martes, 7 de febreiro, foi o Día da Internet Segura. Os nosos nenos e nenas participaron en obradoiros online sobre esta temática tan necesaria. A Rede é unha ferramenta fundamental e potentísima, pero precisamos coñecer os perigos que agocha e aprender a utilizala con seguridade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Que sorte temos con estas mamás que veñen ler connosco!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Candeloria

Ola a tod@s!!
   Cando chegou o inverno, escribimos poemas nas nosas portas e, coa colaboración das familias, recopilamos refráns para Enrédate coas estacións. Agora que andamos pola metade, unha boa parte deles foron incorporados a eses gromos verdes que van aparecendo pola Candeloria. E, ademáis, a nosa tradicional Cita a cegas (que casan os paxariños!!!).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OUTRAS FORMAS DE LER

Ola a tod@s!!
   No século XXI hai moitas maneiras de ler; diferentes ferramentas para facelo. Ás nenas e aos nenos gústalles moito empregalas para achegarse aos libros. Coñecen os textos divertíndose, que é o que a el@s máis lles gusta. A min, ver canto gozan na biblio (miau!).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes