7 de febreiro

Ola a tod@s!!
   O martes, 7 de febreiro, foi o Día da Internet Segura. Os nosos nenos e nenas participaron en obradoiros online sobre esta temática tan necesaria. A Rede é unha ferramenta fundamental e potentísima, pero precisamos coñecer os perigos que agocha e aprender a utilizala con seguridade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Que sorte temos con estas mamás que veñen ler connosco!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Candeloria

Ola a tod@s!!
   Cando chegou o inverno, escribimos poemas nas nosas portas e, coa colaboración das familias, recopilamos refráns para Enrédate coas estacións. Agora que andamos pola metade, unha boa parte deles foron incorporados a eses gromos verdes que van aparecendo pola Candeloria. E, ademáis, a nosa tradicional Cita a cegas (que casan os paxariños!!!).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

OUTRAS FORMAS DE LER

Ola a tod@s!!
   No século XXI hai moitas maneiras de ler; diferentes ferramentas para facelo. Ás nenas e aos nenos gústalles moito empregalas para achegarse aos libros. Coñecen os textos divertíndose, que é o que a el@s máis lles gusta. A min, ver canto gozan na biblio (miau!).


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DÍA DA PAZ

Ola a tod@s!!
   Onte, como cada ano, celebramos o Día escolar da Non Violencia e a Paz. Recordamos o importantísimo que é aprender a convivir, aceptar as diferenzas e entender que estas non son un atranco, senón un enriquecemento. Cantamos, bailamos, leímos, fixemos murais, pegatinas e chapas... E saiu o sol! Que máis podemos pedir, se gozamos compartindo estes momentos especiais todos xuntos?



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Escola de cidadanía

Ola a tod@s!!
   Hoxe tocou exercer o noso dereito a voto. A biblioteca é escola da cidadanía. 
Agora xa temos o tema para o próximo Entroido:
ANOS 80
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes