Canto nos gusta recibir a mamás lectoras como a de onte. A biblio está sempre aberta para que as familias veñan ler con nós. Tanto nos ten que sexan mamás, papás, avós, madriñas, tíos ou curmás... Que ben o pasamos! Canto aprendemos!
Lectura e familias
Ola a tod@s!!

Nova biblio
Ola a tod@s!!
O rato e máis eu traballamos moito, moitísimo, no verán para renovar a biblio. Puxemos moita ilusión pensando en conseguir facela máis práctica, máis diáfana, máis cómoda...; pensando, en fin, en renovala para dar un mellor servizo para os nosos nenos e nenas. Pero, cando vemos, un día calquera, o cómodos que están, canto gozan dos libros e a lectura, como lles gusta compartir tempo c@s outr@s neste lugar, olvidamos todo o traballo e lembramos so a ilusión. Pensamos que valeu moito a pena! Da gusto vel@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Tempo de lecer
Ola a tod@s!!
Sabedes que co mes de outubro abre as portas a nosa biblioteca e inícianse tódolos servizos para este curso 22-23.
Mochilas, mochilas...
Ola a tod@s!!
Ao longo da semana foron saindo para as casas todas as Mochilas Viaxeiras. Que contenta estou! (Miau!). Esas lecturas compartidas en familia, os xogos para todos, a música, as pelis... non teñen prezo. Vai que non?
HdL. English.
Ola a tod@s!!
Hoxe vin ás nenas e nenos de Educación Infantil durante a Hora de Ler. Levei unha alegría. Gústoulles moitísimo o conto en inglés que Emily leu para el@s. Que sorte temos de poder gozar de tan fermosos momentos na nosa biblio. Se estaba contento ata o rato, co rosmón que el é!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Plurinfantil,
Voluntariado de biblioteca
Primeiro día
Ola a tod@s!!
Hoxe foi o primeiro día deste curso no que abrimos a biblioteca para as nenas e os nenos. Non todos puideron pasar hoxe por aquí, que o día non da para tanto. Pero 5º e 6º, si. Levaron cadanseu libro en préstamo e sairon as primeiras mochilas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)