Upps!

Ola a tod@s!!
   Díxome o Rato que andan rosmando por aí, porque puxen os contiños de 1º e 2º, pero non todos os de 6º. UPPS! E teñen razón! Pero non hai nada perdido. Agora mesmo poño todos os que faltan para que poidades velos. Listo!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lemos!

Ola a tod@s!!
   "O prometido é débeda", así que aquí vos deixo todos os contos que a clase de 1º e 2º leu para Educación Infantil. Foi moi emocionante; hai nada que estaban xunt@s e, ademáis, non sabían ler! E agora, mirade.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Correlingua 2022

Ola a tod@s!!
   Sen movernos do centro, si; pero que ben o pasamos co Correlingua!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio!

Ola a tod@s!
   Así de content@s quedaron co pequeno agasallo de agradecemento que recibiron esta mañá. Ben merecido o tiñan! Foron quen de ler para Infantil igualiño que @s de 6º. Se é que son marabillos@s...
    Mañá mesmo, poñerei eses contiños para vós poidades tamén gozar con eles.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vai quedando pouco.

Ola a tod@s!!
   Paseniñamente imos camiñando ao remate do curso. Vai quedando pouco. De feito, quedan un par de días para pechar o servizo de préstamo.
    Estoume preparando para despedir, un ano máis, a todos os nenos e nenas de Os Casais. Botareinos moito en falta! 


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contos, contos, contos.

Ola a tod@s!!
   Hoxe traio o conto que Ángela leu para as nenas e os nenos de Infantil: Homiño de Mazapán. A ver se vos gusta tanto como @s pequerrech@s!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outra gata!

 a tod@s!!
    Hoxe traio unha aventura doutra das miñas amigas. Cóntanola Daniela.

             

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes