CONECTANDO COA TERRA

Ola a tod@s!!
   Gústalles moitísimo traballar no pequeno horto. Conectan coa terra, coidan o medio ambiente, aprenden a importancia do esforzo, da paciencia, do traballo en equipo... E pronto, plantarán unhas flores moi especiais. El@s non saben nada, pero o próximo mércores será un gran día (se non chove... miau!).
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LEMOS!

Ola a tod@s!!
   Este mes é a profe Diana a que está indo a ler ás diferentes clases na Hora de Ler. Que content@s póñense tod@s! Moito lles presta recibir visitas e compartir este pequenos tempos de lectura!
Grazas, Di!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

SORTE!


   As nenas e nenos de 5º elaboraron este precioso cartel para participar no 38Concurso Escolar ONCE. Como cada ano, esta actividade lémbranos a importancia de traballar unid@s en favor da inclusión.

Tod@s somos diferentes = Tod@s somos iguais.

Moita sorte!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Eureka!!!

Ola a tod@s!!
   Hoxe levamos unha pequena alegría. Que digo, pequena? Non. Unha alegría ben grande, aunque sinxela. Unha desas alegrías de "andar por casa". Miau!
   Por fin, despois de tres meses enteiros de traballo continuo, horas e horas das mañás, das tardes, das fins de semana, nas vacacións (miau, miau!) realizado polas miñas axudantas, outr@s prof@s colaborador@s, e coa axuda das nenas e nenos voluntari@s de biblioteca, que ceden o seu tempo de lecer nos recreos para cooperar, conseguimos rematar a primeira folla enteira de etiquetas dos novos códigos de barras.
   A primeira!
   Quédanos moito, pero é tamén moito o que xa levamos feito. Así que, ánimo; xa queda menos.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

CITA A CEGAS

Ola a tod@s!!
   Chegou o día de asumir riscos, de lanzarse á aventura, de deixarse levar por aquelo que o azar teña reservado para nós. Valentes! Hoxe é o día da:

(El@s non o saben, pero todos os libros que van atopar son obras de teatro. Igual xurde algunha bonita relación a partires de aquí. Quen sabe?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

E @S MAIORES, TAMÉN

Ola a tod@s!!

   Tamén "pillo" as veces ás nenas e aos nenos de 6º. Vedes?
   Agora que, fixádevos ben, e veredes, que haber, hai quen "fai que le"
   Cachados!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LER, LER

Ola a tod@s!!
   Non vaiades pensar que, porque eu quede pasmada mirando para as nenas de 1º cando as pillo lendo na biblio, son elas as únicas que len cando veñen. Diso nada!
   Gústalles moitísimo ler a tod@s. O que ocorre é que coas pequenas gozo especialmente, porque fai dous días (como quen di) aínda non sabían ler e están a descubrir un mundo marabilloso.
   Pero alegría provócanme tod@s. E ando a pillal@s, como vedes. Iso si,  sempre teño moito coidado de que el@s non me pillen a min! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes