VOLCÁNS

Ola a tod@s!!
   A clase de 1º e 2º estivo na biblioteca aprendendo sobre os volcáns. Gozaron moitísimo coas actividades de realidade aumentada. Da gusto vel@s tan motivad@s. Gustoulles tanto que queren repetir!
   Non hai fallo! Sen dúbida ningunha no seguinte tema haberá tamén algunha sorpresa.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

MIAU!!!


María e Noe, Noe e María, so podo dicir:
Miau!!!
Mica Bigotes

BIBLIOTECA CREATIVA

Ola a tod@s!!
   O pasado venres, a profe Mónica (a teacher non, a outra. Miau!) asistiu ao curso de formación da Biblioteca Creativa en Santiago de Compostela. Veu entusiasmada de tantas boas prácticas como alí poido observar, cargadiña de ideas fantásticas para traballar cos nenos e as nenas e chea de ganas renovadas para ofrecer ao alumnado propostas motivadoras.
   Ben feito, Mónica!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

NOVA EXPOSICIÓN

Ola a tod@s!!
   Achégase pouquiño a pouco o Día de Rosalía. Este ano convídanos á reflexión: #SementadePensamentos. Así que, xa é hora de írmonos preparando; por iso escollín algúns libros de filosofía para nen@s, por se non sabedes que os temos.
   Espero que vos gusten moito e vos axuden a plantexar preguntas. As respostas, teredes que pensalas vos mesm@s. Miau!!!
   Igual parécevos raro que poña tan pouco en galego. Que máis quixera!!! Non temos! Case non hai!!! Marramañau!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

SABEMOS LER!

Ola a tod@s!!
   

Nunca cansarei de ver canto gozan coa lectura as nenas de 1º.  Aproveitan calquera momento que teñen, comparten lecturas, gustan dos propios libros, das ilustracións...
Emocióname miralas. O Rato di que son unha gata bibliotecaria medio chocha. E a saber, que teño xa moitos anos e todo pode ser...
   Pero non me digades que non da gusto velas!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

CANDELORIA

Ola a tod@s!!

O Día da Candeloria "casan os paxariños". É o preludio da primavera. Se cadra; porque xa sabemos que "o 2 de febreiro, súbete ao outeiro, se ves negrexar, ponte a cantar; se ves branquexar, bótate a chorar", e hoxe fixo un día espléndido. Así que, queda moito inverno por pasar.
   Aínda así, na aula de 1º e 2º non quixeron deixar pasar a ocasión de celebralo con alegría.

Pero...
Neste ano 2022, no que continuamos coa excepcional situación sanitaria que dou comezo no 2020, e como estamos xa moi cans@s, fart@s, fatigad@s, desexando con todas as nosas forzas poder retomar con normalidade a vida, quixemos mirar a outra cara do amor. O desamor. Cara a quen?
   Pois a que vai ser??? 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Ola a tod@s!!
   Para celebrar o Día da Ilustración, que se celebra hoxe, 30 de xaneiro, os nenos e as nenas expuxeron as fermosas ilustracións que realizaron sobre libros que nos aprenden a convivir en paz.

Temos o cole cheo de artistas!!! Miau!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes