Ola a tod@s!!
Foron moitas e variadas as actividades que realizamos con ocasión do 8M. Unha delas é esta entrevista que o alumnado do 3ºCiclo gravou na radio escolar.
Paz compartida
Ola a tod@s!!
Hoxe recibimos un agasallo moi especial: os nenos e nenas de Centieiras quixeron compartir con nós unha parte das 1000 grúas pola paz que confeccionaron seguindo a estela de Sadako. Vedes o chulas que son?
Grazas, amig@s, mandámosvos moitas apertas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
A nosa feira
Ola a tod@s!!
Anxos e Deva foron entrevistadas en Radio Fene para dar a coñecer o importante evento que terá lugar na mañá do domingo, 8 de marzo: a Feira dos Casais. Podedes comprobar que, xunto con Marta, son unhas embaixadoras excepcionais do noso cole. Que ben o fixeron!
Hai moitísimo traballo detrás deste proxecto cooperativo tan ilusionante; esperamos que esa xornada sexa todo un éxito "comercial". De non selo, a súa realización, o ter chegado ata aquí, xa o é. Miau!
Agradecemos a Radio Fene o seu interese por visibilizar esta iniciativa.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
ANPA,
Cooperación,
Lectura e familias,
Proxecto Patio,
Radio Fene,
solidariedade
Profe Lorena
Ola a tod@s!!
A estas alturas do curso é a profe Lorena quen anda lendo por todas as aulas. Si, si, que os profes e as profes din sempre: "Nós tamén contamos". Eu nunca acabo de saber se falan de que contan historias dos libros ou que elas e máis eles tamén importan. Ou serán as dúas cousas? Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
hora de ler,
Nós tamén contamos
Club de Lectura
Ola a tod@s!!
Na tarde do luns, reunímonos para compartir comentarios sobre a lectura da obra Cousas pequenas como estas, de Claire Keegan. Resultou, coma sempre, un tempo compartido moi agradable e interesante. Aínda que faltou algunha persoa, podedes comprobar que somos un grupiño moi pequeno. É unha mágoa que non se sumen máis nais e pais a esta iniciativa tan enriquecedora. Miau! Aínda así, confiamos en poder ser máis na última xuntanza. Ou no curso que ven! Miau!
Etiquetas:
Club de lectura,
Lectura e familias
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





