25-N

Ola a tod@s!!
   Mentres non chegue o día no que, por fin, isto deixe de ser necesario, traballamos sobre a violencia de xénero. O tema proposto para este curso polas ANPAS de Ferrolterra foi: os micromachismos; esas formas e actitudes sutís da vida cotiá, que, ás veces, ata son difíciles de identificar como violencia. Mais que aí o están: mantendo un dominio masculino e un poder case invisible, colocando ás mulleres nunha posición de inferioridade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro en Narón

Ola a tod@s!!
   Os nenos e as nenas de Educación Infantil e 1ºCiclo asistiron a unha representación teatral no Auditorio de Narón. A obra foi Travesía Unicornio, da compañía Ghazafelhos. Encantoulles!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

DEREITOS DA INFANCIA

Ola a tod@s!!
   Tal como levamos facendo dende varios cursos atrás, celebramos o Día dos Dereitos da Infancia da man de Acougo. Así que, ademais de ter formación para o alumnado sobre o acollemento familiar, celebramos, un ano máis, o xa tradicional Día do Pixama.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   Canto traballa o alumnado voluntario de biblioteca! Acaban de preparar unha exposición de libros para traballar sobre o 25-N que o Rato e máis eu tardariamos varias horas en colocar. Atopan os libros nos andeis nun santiamén e teñen arte de sobra para colocar todo de forma armoniosa e funcional. Grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Proxecto Diversidades

Ola a tod@s!!
   Na tarde do luns celebrouse a xuntanza de clausura do Proxecto de Igualdade da ANPA, Asistiron as familias a esta última sesión de formación. Tamén foron expostos os materiais e traballos elaborados polo alumnado; unha boa parte pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. Este curso a temática no que se centrou o proxecto, como sabedes, foi a diversidade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Xornadas de Bibliotecas

Ola a tod@s!!
   O sábado pasado dous membros do equipo de biblioteca desprazáronse a Santiago de Compostela para participar nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. É un gran esforzo dedicar parte da fin de semana a isto, mais sempre vale a pena.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Novembro: mes da ciencia en galego

Ola a tod@s!!
  A ciencia é divertida. Non é maxia, pero segue a ser divertida. Comprobárono aqueles e aquelas que foron ao CIS, na Cabana, e tamén os e as que quedaron no cole e realizaron experimentos máis caseiros, menos espectaculares, pero igualmente divertidos. En galego, claro! Ou é que a galega non é unha lingua científica? Miau! Que cousas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outono

Ola a tod@s!!
   Grazas, familias, polas vosas aportacións para o noso Enrédate coas estacións de outono.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Xa sabedes canto nos gusta que as familias veñan compartir con nós tempo de lectura. Desta vez, non foi posible facelo na biblio, porque coincidía con outras actividades. Pero tanto ten, gozar, gozamos moitísimo igualmente e máis escoitamos cousas moi interesantes de Uxío Novoneyra, o gran poeta do Courel.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana da Tradición oral

Ola a tod@s!!
   Para celebrar a Semana da Tradición oral contamos, de novo, coa colaboración desinteresada de Gisela, quen veu contarlles aos nosos pequerrechos e pequerrechas canta riqueza cultural temos en Galicia agochada no cotiá, nas casas, no día a día. 
   Poñer en valor e transmitir estes bens inmateriais é responsabilidade de todos e todas.
Moitas grazas, Gisela.

        
E, para os cursos superiores, contamos co obradoiro do CEIDA Canta o cuco.
A través de cantigas e poesía oral do cancioneiro galego, achegámonos á sociedade rural de hai décadas e tamén á natureza e o seu estado de conservación.
Resultou ser un obradoiro fantástico, no que a rapazada creou e cantou as súas propias coplas.

No seguinte enlace podedes escoitar a Mariña, cantando unha das coplas que inventaron.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lecturas tenebrosas

Ola a tod@s!!
   Sempre temos, co magosto, os colares de zonchos e a diversión da aula do medo, un anaquiño de tempo para dedicar ao que tanto nos gusta: a lectura. Que ben o pasamos toda a mañá! Quen dixo medo?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes