Mentres non chegue o día no que, por fin, isto deixe de ser necesario, traballamos sobre a violencia de xénero. O tema proposto para este curso polas ANPAS de Ferrolterra foi: os micromachismos; esas formas e actitudes sutís da vida cotiá, que, ás veces, ata son difíciles de identificar como violencia. Mais que aí o están: mantendo un dominio masculino e un poder case invisible, colocando ás mulleres nunha posición de inferioridade.
Teatro en Narón
Ola a tod@s!!
Os nenos e as nenas de Educación Infantil e 1ºCiclo asistiron a unha representación teatral no Auditorio de Narón. A obra foi Travesía Unicornio, da compañía Ghazafelhos. Encantoulles!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
DEREITOS DA INFANCIA
Ola a tod@s!!
Tal como levamos facendo dende varios cursos atrás, celebramos o Día dos Dereitos da Infancia da man de Acougo. Así que, ademais de ter formación para o alumnado sobre o acollemento familiar, celebramos, un ano máis, o xa tradicional Día do Pixama.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
20-N,
acollemento familiar,
dereitos da infancia,
Día do pixama
Voluntariado
Ola a tod@s!!
Canto traballa o alumnado voluntario de biblioteca! Acaban de preparar unha exposición de libros para traballar sobre o 25-N que o Rato e máis eu tardariamos varias horas en colocar. Atopan os libros nos andeis nun santiamén e teñen arte de sobra para colocar todo de forma armoniosa e funcional. Grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
25-N,
exposicións,
Voluntariado de biblioteca
Proxecto Diversidades
Ola a tod@s!!
Na tarde do luns celebrouse a xuntanza de clausura do Proxecto de Igualdade da ANPA, Asistiron as familias a esta última sesión de formación. Tamén foron expostos os materiais e traballos elaborados polo alumnado; unha boa parte pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. Este curso a temática no que se centrou o proxecto, como sabedes, foi a diversidade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
ANPA,
diversidade,
familias,
Igualdade,
proxectos
Xornadas de Bibliotecas
Ola a tod@s!!
O sábado pasado dous membros do equipo de biblioteca desprazáronse a Santiago de Compostela para participar nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. É un gran esforzo dedicar parte da fin de semana a isto, mais sempre vale a pena.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Novembro: mes da ciencia en galego
Ola a tod@s!!
A ciencia é divertida. Non é maxia, pero segue a ser divertida. Comprobárono aqueles e aquelas que foron ao CIS, na Cabana, e tamén os e as que quedaron no cole e realizaron experimentos máis caseiros, menos espectaculares, pero igualmente divertidos. En galego, claro! Ou é que a galega non é unha lingua científica? Miau! Que cousas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
espazo maker,
experimentos,
Mes da ciencia
Outono
Ola a tod@s!!
Grazas, familias, polas vosas aportacións para o noso Enrédate coas estacións de outono.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Enrédate coas estacións,
famiias
Lectura e familias
Ola a tod@s!!
Xa sabedes canto nos gusta que as familias veñan compartir con nós tempo de lectura. Desta vez, non foi posible facelo na biblio, porque coincidía con outras actividades. Pero tanto ten, gozar, gozamos moitísimo igualmente e máis escoitamos cousas moi interesantes de Uxío Novoneyra, o gran poeta do Courel.
Xa sabedes canto nos gusta que as familias veñan compartir con nós tempo de lectura. Desta vez, non foi posible facelo na biblio, porque coincidía con outras actividades. Pero tanto ten, gozar, gozamos moitísimo igualmente e máis escoitamos cousas moi interesantes de Uxío Novoneyra, o gran poeta do Courel.
Semana da Tradición oral
Ola a tod@s!!
Para celebrar a Semana da Tradición oral contamos, de novo, coa colaboración desinteresada de Gisela, quen veu contarlles aos nosos pequerrechos e pequerrechas canta riqueza cultural temos en Galicia agochada no cotiá, nas casas, no día a día.
Para celebrar a Semana da Tradición oral contamos, de novo, coa colaboración desinteresada de Gisela, quen veu contarlles aos nosos pequerrechos e pequerrechas canta riqueza cultural temos en Galicia agochada no cotiá, nas casas, no día a día.
Poñer en valor e transmitir estes bens inmateriais é responsabilidade de todos e todas.
Moitas grazas, Gisela.
E, para os cursos superiores, contamos co obradoiro do CEIDA Canta o cuco.
A través de cantigas e poesía oral do cancioneiro galego, achegámonos á sociedade rural de hai décadas e tamén á natureza e o seu estado de conservación.
Resultou ser un obradoiro fantástico, no que a rapazada creou e cantou as súas propias coplas.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Lecturas tenebrosas
Ola a tod@s!!
Sempre temos, co magosto, os colares de zonchos e a diversión da aula do medo, un anaquiño de tempo para dedicar ao que tanto nos gusta: a lectura. Que ben o pasamos toda a mañá! Quen dixo medo?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
ANPA,
Lectura tenebrosa,
magosto,
Samaín
Achégase o Samaín
Ola a tod@s!!
O mes de outubro está a piques de rematar e iso significa que o Samaín está próximo. Por iso, practicando a CDU, os nenos e nenas de Primaria buscaron na biblio libros de medo cos que montar unha exposición. Desta maneira van coñecendo algúns que, se cadra, andaban perdidos polos andeis sen que ninguén se acordara deles. Co que lles gustan! Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Somos contacontos
Ola a tod@s!!
Hoxe, por primeira vez neste curso, as nenas e nenos de Infantil tiveron uns contacontos moi especiais. Breixo e María viñeron lerlles "Orellas de bolboreta". Gustoulles moitísimo, e iso que coñecen de sobra a historia de Mara! Ao Rato Gordecho e a min estes momentos de lectura compartida parecennos deses que hai que gardar na memoria si ou si. Miau!
Hoxe, por primeira vez neste curso, as nenas e nenos de Infantil tiveron uns contacontos moi especiais. Breixo e María viñeron lerlles "Orellas de bolboreta". Gustoulles moitísimo, e iso que coñecen de sobra a historia de Mara! Ao Rato Gordecho e a min estes momentos de lectura compartida parecennos deses que hai que gardar na memoria si ou si. Miau!
Etiquetas:
hora de ler,
lecturas compartidas,
somos contacontos
Ola a tod@s!!
A clase de 2º de Primaria xa pasou pola exposición das novidades. Sei de boa tinta que algúns dos libros gustáronlles moito e teñen moitas ganas de que chegue o día de levalos emprestados para a súa casa. Seguro que se poñerán tan contentos como o día no que Elizabeth e Julia saíron coas súas Mochilas Viaxeiras. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
exposicións,
Mochilas viaxeiras,
novidades
Novidades
Ola a tod@s!!
Por fin están expostas as novidades de outubro, despois de moito rexistrar, etiquetar, clasificar e cuñar. O Rato e máis eu traballamos arreo, mais non demos rematado antes.
Por fin están expostas as novidades de outubro, despois de moito rexistrar, etiquetar, clasificar e cuñar. O Rato e máis eu traballamos arreo, mais non demos rematado antes.
Temos que dicir que a meirande parte destes novos fondos proveñen de doazóns. De novo, o noso agradecemento para todas aquelas persoas que queren aos nosos nenos e nenas e á súa biblioteca.
Parabens!
Ola a tod@s!!
Hoxe, Día das Escritoras, o Equipo nº7 conseguiu realizar a actividade que tiñamos preparada na biblioteca sen erro ningún. Non se trataba de competición ningunha, claro está, pero son igualmente merecedores de recibir os nosos parabéns. Ben feito! En hora boa!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
Día das Escritoras,
equipos interniveis,
FU,
Paula Carballeira
Equipos
Ola a tod@s!!
Estreamos algúns dos equipos interniveis deste curso 25-26. Gústalles moitísimo realizar actividades xuntos. Nesta ocasión, actividades de FU sobre a autora que amadriña á biblio: Paula Carballeira.
Estreamos algúns dos equipos interniveis deste curso 25-26. Gústalles moitísimo realizar actividades xuntos. Nesta ocasión, actividades de FU sobre a autora que amadriña á biblio: Paula Carballeira.
Etiquetas:
equipos interniveis,
FU,
Paula Carballeira
Voluntariado
Ola a tod@s!!
Polo de agora de forma oficiosa, pero contamos cun bo número de nenos e nenas (e falta Mariña!) dispostos a formar parte do voluntariado de biblioteca. Canto é de agradecer!
Polo de agora de forma oficiosa, pero contamos cun bo número de nenos e nenas (e falta Mariña!) dispostos a formar parte do voluntariado de biblioteca. Canto é de agradecer!
Recreos
Ola a tod@s!!
A proba de canto gozan na súa querida biblioteca é o gran número de nenos e nenas que elixen este espazo para o seu tempo de lecer e tamén o esforzo que fan para deixar todo ben recollido para non dificultar o bo funcionamento da mesma.
A proba de canto gozan na súa querida biblioteca é o gran número de nenos e nenas que elixen este espazo para o seu tempo de lecer e tamén o esforzo que fan para deixar todo ben recollido para non dificultar o bo funcionamento da mesma.
Mochilas Viaxeiras
Ola a tod@s!!
Se hai alegría co inicio do servizo de préstamo, o entusiasmo e aínda máis grande coa saída das primeiras mochilas.
DiversIDADES
Hoxe iniciamos con Atalaias o programa coeducativo DiversIDADES, organizado pola ANPA Río de Va e que conta coa axuda da Xunta de Galicia para Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres.
Este curso abordaremos a coeducación sexual integral, poñendo o foco na diversidade de corpos, familias e desexos; fomentando relacións de respecto e igualdade de oportunidades ante esa enriquecedora diversidad
Mica Bigotes
Primeiros préstamos
Ola a tod@s!!
Ver a ilusión coa que levan o primeiro libro da biblio no inicio de cada curso non ten prezo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Caixón de xastre
Recomendacións de lectura para o verán
Premio IIIConcurso Somos Rural
Non podiamos rematar o curso de mellor maneira!
O noso proxecto foi o gañador.
(E van dúas veces!!! Miau!!!)
Grazas, familias!
Recibimos o diploma de Teachers for Future como recoñecemento ao traballo que os nenos e as nenas fan durante todo o curso.
Igualdade
Finalmente tivemos a sorte de que o noso centro fora incluído no programa
Cinema con perspectiva.
Voluntariado
Canto traballiño fixeron este ano...
Aula hospitalaria
O conto que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil está xa na aula hospitalaria.
Esperamos que lles guste moito, porque fixémolo con moito cariño.
Pasaportes Solidarios
Recibimos os diplomas dos nosos Pasaportes Solidarios, que acreditan o traballo voluntario e solidario que realizamos durante todo o ano.
Teatro
Que ben o pasamos nesta función!
O lobo
Neste obradoiro aprendimos moitísimas cousas sobre o lobo e outros carnívoros.
E fixemos manualidades ben chulas!
Outdoor Classrom Day
Os beneficios que aporta o contacto coa natureza son incuestionables. O tempo pasado ao aire libre repercute de maneira positiva no noso benestar, tanto físico como emocional.
Letras Galegas 2025
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
O Rato Gordecho máis eu
Ola a tod@s!!
Desta vez si que ma xogou ben xogada o Rato!
Desta vez si que ma xogou ben xogada o Rato!
Levaba todo o curso sen facer trasnadas, pero eu xa viña desconfiando: non podía ser que, en tanto tempo, as nenas e os nenos de Os Casais non viñeran pola biblio, nin fixeran actividade ningunha, nin obradoiros, nin visitas de ninguén... Todo moi sospeitoso. Miau!
E agora, mirade o que atopo agochado detrás dunha estantería: unha caixa abarrotada de fotos!!!
Era sabido. Non foi quen de estarse quietiño todo un curso enteiro. Se é que non pode... Miau!
Ireinas poñendo pouco a pouco, para que vos enteredes do que aquí se coceu en tanto tempo no que estivemos sen noticias.
Perdoade o retraso. Son cousas que pasan... Ás veces, non se pode estar en todo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Correlingua 2025
Ola a tod@s!!
Este martes fumos ao Correlingua, que como sabedes é un evento cultural, que inclúe unha marcha e unha actuación musical. É unha proposta lúdico-educativa que ten por obxecto a dignificación da cultura galega, pondo especial énfase na cuestión lingüística, pondo así mesmo de relevo a importancia do papel da rapazada no proceso de normalización. Nós gozamos moito con esta celebración en prol dos dereitos da lingua galega.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Mércores de lectura
Ola a tod@s!!
Hoxe, nestes tempos nos que estamos rematando as actividades da biblioteca, recollendo datos para realizar a avaliación, repartindo diplomas varios, etc., tivemos un día ben completo de lectura. Pola mañá, Virginia veu ler á nosa biblioteca. Dámoslle as grazas. A ela e a todas as nais e pais que, ao longo do curso viñeron compartir historias coa rapazada.
E, pola tarde, no club de lectura de adultos, contamos coa marabillosa Marilar Aleixandre. Unha mágoa que algunhas persoas non puideran vir. Perderon unha charla certamente moi interesante. Foi un auténtico pracer recibila na nosa biblioteca e escoitala falar da súa obra e das historias reais que detrás dela hai.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
autoras,
Club de lectura,
Lectura e familias
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
















































