3 de decembro

Ola a tod@s!!
   Ao Rato e a min gústanos chamarlle a este día: Día da Diversidade. Chegaremos pronto a que esta data sexa así para todo o mundo? Mentres as persoas con discapacidade teñan dereitos que reivindicar, porque socialmente hai diferencias, non poderá ser; mais esperamos que chegue axiña o día no que poidamos dicir que, por fin, as situacións de inxustiza mudaron, desapareceron.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ficción dixital

Ola a tod@s!!
   Estes pequerrechos (que non me escoiten, que xa están en Primaria...) estaban desexando ter o seu obradoiro de ficción dixital co profe Jesús e, por fin!, chegoulles o día. Que ben o pasaron! Quedaron con ganas de probar de novo cando volvan á biblio. Grazas, profe Jesús! Miau!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Micoloxía

Ola a tod@s!!
   Grazas ao papá de Breixo, este curso tivemos tamén a charla de micoloxía. É un privilexio poder contar con familias tan colaboradoras. Moitas grazas! Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes