Mentres non chegue o día no que, por fin, isto deixe de ser necesario, traballamos sobre a violencia de xénero. O tema proposto para este curso polas ANPAS de Ferrolterra foi: os micromachismos; esas formas e actitudes sutís da vida cotiá, que, ás veces, ata son difíciles de identificar como violencia. Mais que aí o están: mantendo un dominio masculino e un poder case invisible, colocando ás mulleres nunha posición de inferioridade.
Contos e Bigotes
Blogue da biblioteca "Paula Carballeira" no CEIP Plurilingüe Os Casais.
Teatro en Narón
Ola a tod@s!!
Os nenos e as nenas de Educación Infantil e 1ºCiclo asistiron a unha representación teatral no Auditorio de Narón. A obra foi Travesía Unicornio, da compañía Ghazafelhos. Encantoulles!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
DEREITOS DA INFANCIA
Ola a tod@s!!
Tal como levamos facendo dende varios cursos atrás, celebramos o Día dos Dereitos da Infancia da man de Acougo. Así que, ademais de ter formación para o alumnado sobre o acollemento familiar, celebramos, un ano máis, o xa tradicional Día do Pixama.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
20-N,
acollemento familiar,
dereitos da infancia,
Día do pixama
Voluntariado
Ola a tod@s!!
Canto traballa o alumnado voluntario de biblioteca! Acaban de preparar unha exposición de libros para traballar sobre o 25-N que o Rato e máis eu tardariamos varias horas en colocar. Atopan os libros nos andeis nun santiamén e teñen arte de sobra para colocar todo de forma armoniosa e funcional. Grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
25-N,
exposicións,
Voluntariado de biblioteca
Proxecto Diversidades
Ola a tod@s!!
Na tarde do luns celebrouse a xuntanza de clausura do Proxecto de Igualdade da ANPA, Asistiron as familias a esta última sesión de formación. Tamén foron expostos os materiais e traballos elaborados polo alumnado; unha boa parte pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. Este curso a temática no que se centrou o proxecto, como sabedes, foi a diversidade.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
ANPA,
diversidade,
familias,
Igualdade,
proxectos
Xornadas de Bibliotecas
Ola a tod@s!!
O sábado pasado dous membros do equipo de biblioteca desprazáronse a Santiago de Compostela para participar nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. É un gran esforzo dedicar parte da fin de semana a isto, mais sempre vale a pena.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Novembro: mes da ciencia en galego
Ola a tod@s!!
A ciencia é divertida. Non é maxia, pero segue a ser divertida. Comprobárono aqueles e aquelas que foron ao CIS, na Cabana, e tamén os e as que quedaron no cole e realizaron experimentos máis caseiros, menos espectaculares, pero igualmente divertidos. En galego, claro! Ou é que a galega non é unha lingua científica? Miau! Que cousas!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Etiquetas:
espazo maker,
experimentos,
Mes da ciencia
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







